«Quitamos a Fisterra dun adormecemento político»

26M: AS MUNICIPAIS | «O 90?% do noso programa está a día de hoxe rematado ou en trazas de desenvolverse», dixo o actual alcalde deste municipio, de novo candidato polo PSOE 

T. Longueira
carballo / la voz

José Marcote Suárez (1961) é o alcalde de Fisterra e tamén o candidato do Partido Socialista á reelección o vindeiro día 26.

-Como valora estes catro anos de mandato?

-Valorámolos moi positivamente. Quitamos a Fisterra dun adormecemento político, onde había unha serie de proxectos importantes, mortos por dicilo dalgunha maneira, como o Plan Xeral, o plan do casco histórico, o plan director do Monte do Cabo, que estaba aí, durmindo nos loureiros. Fomos capaces de xestionar ese turismo cada vez máis importante e esixente e planificámolo con tempo de dedicación. Gobernamos catro anos en coalición co Bloque, da que ninguén apostaba nada, pero antepuxemos o futuro de Fisterra antes que calquera pretensión partidista. O 90?% do noso programa está, a día de hoxe, rematado ou en trazas de desenvolverse. Foi un mandato de moito de traballo, pero acadamos algo importante, que desaparecera a crispación política. Foron catro anos si, pero é moi pouco tempo para levar a cabo un proxecto global de pobo para Fisterra. Temos dados pasos e fixamos as bases para cumprir ese proxecto, demos pasos cara diante. E con moitas dificultades porque a Xunta do Partido Popular non está moi polo labor de que nós esteamos gobernando o Concello de Fisterra. Botaron os paus nas rodas, e esperemos que o pobo de Fisterra entenda este traballo feito ao longo destes catro anos e entenda tamén os atrancos que nos pon a Xunta e que así non se pode gobernar. Así, non se pode ir a ningún sitio

-Como ve o escenario político no Concello de Fisterra para o vindeiro 26?

-E o mesmo escenario en canto a partidos e a número de partidos que a vez anterior. É un panorama aberto. Nós temos un labor de goberno e un proxecto de traballo moi definido. Cremos que a xente que nos votou hai catro anos ten motivos para confiar en nos e así poder rematar o traballo iniciado hai catro anos. Realmente en Fisterra o mellor está por vir, tal e como se atopan os proxectos más importantes.

-Que destacaría do programa electoral do Partido Socialista de Fisterra?

-A parte fundamental é que xa empezamos a rematar os proxectos e podemos levalos a cabo. Eu destacaría por riba de todos o plan estratéxico de deseño de turismo. É un documento amplo, con 63 medidas concretas, que parte da realidade actual do turismo de Fisterra e analiza o que queremos acadar no futuro. Dentro dese plan estratéxico fálase de urbanismo, pesca... É un programa en si, que cremos que é o programa de Fisterra. Temos o PXOM, que está practicamente rematado. Un PXOM que, por certo, permitirá empezar co plan director do Monte do Cabo. Está tamén o deseño do propio entorno do faro de Fisterra como punto clave de interpretación do turismo. Temos o mercado cultural, ao que lle falta a licitación, temos a senda marítima de Sardiñeiro, a estrada do faro, que pasará a ser de titularidade municipal. O peirao e o seu desenvolvemento tanto para os profesionais da pesca como en beneficio do sector hostaleiro... Son, en definitiva, varios os proxectos importantes para Fisterra que xa están en marcha ou que lles queda pouco para que sexan unha realidade, ao longo do vindeiro mandato.

¿Nevera e móbil?

En la nevera del alcalde de Fisterra nunca falta «unha ducia de ovos». Tanto el regidor como su familia son grandes consumidores.

Samsung «antiguo». «¿Teléfono? Teño un Samsung». El mandatario no es de los de andar renovando terminal a la mínima que sale otro más moderno y con nuevas aplicaciones.

A favor / en contra

  • Cadea perpetua revisable: En contra
  • Aborto: A favor
  • Investigados nas listas: A favor, ata que haxa condena
  • Traslado de restos de Franco: A favor
  • Referendo Cataluña: O que di a lei, que é non
  • Acollida refuxiados: A favor, pero con control
  • Eutanasia: Si, a favor
  • Cambios lei violencia xénero: Sempre para mellorar, si
  • Prohibición fumar praias e piscinas: A favor
  • Casco urbano a 30 km/h: A favor

Preferencias

  • A que hora se ergue? 7.15 horas
  • Que almorza? Avea e tostas con aceite de oliva
  • Prato preferido: O cocido
  • Que non comería? Creo que comería de todo
  • Bebida preferida: Auga e cervexa
  • Equipo de fútbol: O Fisterra
  • Que coche ten? Un Toyota Hybrid
  • Unha afección: Non teño afeccións específicas
  • Un lugar: Calcoba, Fisterra
  • Que tarefas de fogar realiza? Todas, cando me toca

Artes e letras

  • Escritor favorito: Non teño escritor favorito
  • Último libro que leu: Hai moito tempo que non leo, pero lembro Escapado, de Luis Lamela
  • Última película que viu: Hai tempo que non vou a cine, vexo series na televisión como Luther
  • Un artista: Non teño
  • Un actor: Tampouco
  • Unha actriz: Tampouco
  • Un cantante: Tampouco
  • Tipo de música: Gústame toda
  • Deporte que practica: Camiño cando podo
  • Unha viaxe pendente: China

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Quitamos a Fisterra dun adormecemento político»