«Non levamos programa porque non serve de nada»

A CARREIRA ELECTORAL | Xan García, candidato en Fisterra por Converxencia Galega: «A xente no papel aguanta o que lle poñan, e logo non se fai nada do programa prometido ou se fai totalmente o contrario»

T. Longueira
carballo / la voz

Xan García Pouso ten 57 anos e é o candidato á alcaldía de Fisterra por Converxencia Galega.

-A veteranía é un grao na política?

-Depende, se a usas con honestidade, si, se a usas para fastidiar, non.

-Teñen un concelleiro, que obxectivo se marcan para o 26 de maio?

-Os obxectivos son coma sempre: gañar, pero logo o pobo, que é soberano, é o que manda. Pero pensamos en gañar porque temos un bo proxecto e un bo equipo. Creo que merecemos gañar, agora ben, despois hai que aceptar o que di o pobo.

-Como ve a situación política de Fisterra?

-Con preocupación. Fisterra está totalmente paralizada, completamente parada. Non se fai absolutamente nada, non hai xestión e, incluso, unha parte da sociedade que antes protestaba, agora parece calada.

-Que destaca do programa de Converxencia Galega de cara ao 26-M?

-Converxencia Galega non vai levar programa, porque quedou demostrado que os programas non valen para nada. A xente no papel aguanta o que lle poñan. E logo ou non se fai nada do programa o faise totalmente o contrario. En Fisterra a xente coñece a Xan García, xa coñece ás persoas que compoñen a lista, e saben que nós imos deixar a pel loitando por Fisterra, que é un punto estratéxico na promoción turística do país. Por iso non vou prometer nada, só traballo, traballo, honradez, sacrificio e moito dialogo cos axentes sociais. Hai que aforrar cartiños porque hoxe a xente non le os programas. Vale máis unha mensaxe nas redes sociais, aínda que sexa mentira, que o que reflicte un programa electoral.

-Cales son as necesidades e servizos básicos que precisa Fisterra?

-En pleno século vinte e un non se pode ter o faro pechado e non valen desculpas. Non se pode ter o acceso ao faro como está. O mesmo sucede co porto, que ten unhas fochancas incribles. A recta da Anchoa e os constantes atropelos e as aldeas, que están completamente abandonadas. Temos as mesmas pistas de hai 40 anos. Non falemos da promoción turística, non temos Casa da Cultura, non hai actividades culturais. Fisterra podería aproveitarse do turismo de congresos, pero non hai un sitio onde poder celebrarse... O único que pido aos veciños de Fisterra é que me dean unha oportunidade, se queren, e dentro de catro anos que valoren o traballo feito.

A favor / en contra

  • Cadea perpetua revisable: En contra
  • Aborto: Teñen que decidir as mulleres
  • Investigados nas listas: A favor ata que sexan condenados
  • Traslado de restos de Franco: A favor, aínda que no lle afecta ao fisterráns
  • Referendo Cataluña: Non é o momento
  • Acollida de refuxiados: Con control si, a favor
  • Eutanasia: A favor
  • Cambio lei violencia xénero: Para mellorala, a favor
  • Prohibición fumar praias e piscinas: A favor
  • Casco urbano a 30 km/h: A favor

 Preferencias

  • A que hora se ergue? Sobre as 8.00 horas
  • Que almorza? Café con leite
  • Prato preferido: Caldo
  • Que non comería? Non o sei, creo que como de todo
  • Bebida preferida: Auga e o viño albariño
  • Equipo de fútbol: O Fisterra
  • Que coche ten? Un Volkswagen Polo que ten 19 anos
  • Unha afección: a caza
  • Un lugar: Calquera punto de Fisterra
  • Que tarefas de fogar realiza? Moi poucas cousas, poñer a lavadora e a limpeza da casa

Artes e letras

  • Escritor favorito: Manolo Rivas
  • Último libro que leu: Las cosas como son, de Carlos Solchaga. E Sempre en Galiza, é a quinta vez que o leo. É como unha biblia
  • Última película que viu: Lo que el viento se llevó
  • Un artista: Víctor Manuel
  • Un actor: Luís Tosar
  • Unha actriz: Ana Belén
  • Tipo de música: Música Folk
  • Deporte que practica: A caza
  • Unha viaxe pendente: Arxentina e Cuba.

A lista

1. Xan García Pouso

2. Alejandra Marcote Lorenzo

3. Laura Castreje Canosa

4. Juan Manuel Martínez Insua

5. Elisa Iglesias López

6. Basilio Domínguez Canosa

7. Carla Martínez López

8. Santiago Domínguez Valdomar

9. Carmen María Lago Canosa

10. Gonzalo Insua Insua

11. Manuel Ángel Trillo Lago

12. Ángela Martínez Lago

13. Cayetano Martínez Lago

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Tags
Comentarios

«Non levamos programa porque non serve de nada»