Marta Lado: «Son eu moito de reutilizar a verdade, moitas cousas»

f.r / v.c CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

Jose Manuel Casal

ECOVOZ 2019 | A artista fisterrá participou esta semana no programa de Radio Voz

25 feb 2019 . Actualizado a las 10:31 h.

Marta Lado, actriz fisterrá, participou esta semana en Ecovoz para falarnos da súa implicación co medio ambiente.

-¿En que anda metida agora mesmo Marta Lado?

-En maio sairei de contas para dar a luz así que a parte profesional vai estar algo parada. Estou coas clases da aula de teatro de Fisterra, que este ano faremos a mostra antes, non vaia ser que rompa augas en directo... Estamos entón cos ensaios a todo trapo, imos facer unha versión de O enfermo imaxinario, de Moliere. Aprazamos as funcións con Talía de O servidor de dous amos ata outubro.

-¿Como ve Marta Lado o tema do coidado do medio ambiente? ¿Estamos a tempo de darlle a volta ao asunto?

-As veces son algo pesimista con respecto a como estamos acabando co planeta, pero igual a forma de solucionalo é traer a novos seres concienciados que o fagan mellor ca nós.

-¿Como levan na casa o das tres «erres»?

-Intentamos non consumir moito plástico nin cousas que non sexan reutilizables, separar... Son moito eu de reutilizar a verdade, moitas cousas.