A viaxe a Laponia

Mencía Moure Martínez

FISTERRA

Décimo premio dos Contos de Nadal 2018 | Mencía Moure Martínez, do colexio Mar de Fóra (Fisterra)

15 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Había unha vez, unha nena chamada Lara que vivía en Francia. Ela e a súa familia foron pasar as vacacións de Nadal a Laponia, á neve. O día de Noiteboa foron ao xardín e fixeron un boneco de neve cando, de súpeto, cobrou vida!

O boneco guiounos ata a fábrica de xoguetes de Papá Noel para axudarlle a empaquetar os agasallos. Preto de alí, nunha cova, vivía un malvado feiticeiro que lanzaba maldicións a través da súa bola de cristal. Así, converteu a Lara e á súa familia en bonecos Playmobil parlantes e, sen querer, un dos trasnos que envolvían os xoguetes, meteunos nunha caixa cun papel de cores navideñas e púxoos nun saco con máis paquetes para repartir.

Pola noite, cando Papá Noel foi repartir os agasallos no seu trineo polas casas, puxo a caixa xunto á árbore de Nadal de Nicoleta, a mellor amiga de Lara. Cando Nicoleta abriu o seu paquete... Vaia sorpresa! Falou cos Playmobil e soubo enseguida quen eran. A nena atopou unha nota no fondo da caixa que poñía: ALBAODN. Lara díxolle á súa mellor amiga que, se ordenaba as letras e dicía a frase en alto, se rompería o feitizo. Nun instante Nicoleta adiviñou o que poñía: «Bo Nadal», dixo, e conseguiu que o encantamento se desfixera. Así, Lara e a súa familia puideron volver á casa a celebrar o Nadal.