Diego Lobelos: «Podemos competir con calquera»

O técnico do Lira aposta por seguir medrando para asentarse na parte templada da táboa


Diego Lobelos (Fisterra, 1983) é un vello coñecido dos terreos de xogo do fútbol costeiro. Os seus 16 anos como técnico, e a súa experiencia en Preferente co Dumbría, falan por el. Aos mandos do Lira, onde conta co apoio de Marcos Domínguez, recoñece o valor humano dun conxunto que pelexa por facerse forte na categoría.

-¿Cal é a meta que se marca?

-Penso que o nivel do equipo é para rematar na metade da táboa.

-Fixeron movementos no vestiario nas últimas semanas.

-Incorporamos xente que estaba no club, aínda que sen poder xogar. Hai que sumarlle tres fichaxes que xa ían entrar fai tempo, pero que por diversos motivos non o conseguiron.

-Custoulles arrancar.

-Ademais das altas, que chegaron tarde, arrastrábamos lesións de longa duración e sancións. Entramos nunha dinámica mala. Cando recibíamos un gol xa parecía que tiñamos perdido o encontro.

-¿Faltou confianza?

-Empezamos a liga ben, pero os puntos marcharon polo que fose, tanto por falla de recambios como por non lograr formar un once competitivo. Os ánimos estaban polo chan e custou. Houbo xornadas nas que merecemos máis. A moral do equipo estaba moi baixa.

-¿Agora como se atopa?

-Moito mellor. Antes do partido contra o Corme xa vin outra actitude. Os pesos pesados deron un paso adiante. Víase que adestrando era outra cousa. Nestes momentos sentimos que podemos competir con calquera.

-¿Que Lira lle gustaría que se vira sobre o céspede?

-Gústame o fútbol asociativo, pero agora estamos optando por outro que nos vai mellor. Que é correr moito. Aproveitamos as nosas armas, que son o contragolpe e xogar con espazos. No momento en que recuperemos xente o noso estilo cambiará.

-¿Queda algunha fichaxe?

-Estamos pendentes do transfer de Mamadou, que debe marcar a diferenza.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Diego Lobelos: «Podemos competir con calquera»