Branca Vilela presenta en Fisterra e Barcelona o seu novo poemario

La Voz

FISTERRA

A escritorá estará mañá na súa vila natal con «No silencio do lapis» e desprazarase o venres á cidade condal

13 jun 2017 . Actualizado a las 04:00 h.

A poeta fisterrá Branca Vilela realizará estes días dúas presentacións do seu novo libro, o poemario bilingüe No silencio do lapis (En el silencio de los lápices).

Mañá visitará a súa localidade natal (o acto estaba previsto inicialmente para hoxe) para dar a coñecer esta obra na que desprega todo o seu lirismo para denunciar o acoso escolar a través dos versos. Farao no salón de actos do Concello fisterrán ás 20 horas e estará acompañada polo alcalde, José Marcote Suárez; a concelleira de Cultura, Teresa Fernández Martínez; o presidente da editorial Sial-Pigmalión, Basilio Rodríguez Cañada; o poeta Alexandre Nerium; Marilar Aleixandre, escritora e académica da RAG; Mighel FK, ilustrador do libro, e José María Paz Gago, catedrático da Universidade da Coruña.

O venres serán Joan Ignasi Ortuño Benages, periodista e escritor, e os poetas Joan Kunz e Pura Salceda, ademais de Basilio Rodríguez Cañada, os que acompañarán a Vilela na presentación que terá lugar no Centro Galego de Barcelona (19 horas). O presidente desa entidade, Carlos Mandianes, exercerá de anfitrión.