Celebracións por adiantado en Paiosaco, Zas e Fisterra

La Voz

FISTERRA

Ana Garcia

Os actos previos ao 17 de maio celebrados onte en concellos como Carballo trasládanse hoxe a outras localidades

15 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Os actos previos ás Letras Galegas celebrados onte en concellos como o de Carballo, onde houbo teatro afeccionado no Pazo da Cultura co grupo Vagalume, terán continuidade hoxe noutras localidades da comarca.

A biblioteca de Paiosaco acollerá, a partir das 18 horas, a segunda das tres sesións do obradoiro infantil (para maiores de 5 anos) Adiviñas programadas polo Concello larachés. Os alumnos do CPI de Zas recibirán ás 12 horas a visita de Pakolas (Paco Cerdeiras) co seu espectáculo musical As parábolas de Pakolas. En Fisterra, á exposición do premio de Banda Deseñada Castelao que xa se pode ver desde hai uns días na Lonxa súmase hoxe unha mostra sobre Carlos Casares que permanecerá na aula CeMIT ata final de mes.