A Deputación publicará unha escolma xeográfica de Pondal

La Voz CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

JOSE MANUEL CASAL

Está elaborada por Manuel Ferreiro, especialista no autor

09 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A área de Cultura da Deputación de Coruña publicará unha antoloxía xeográfica de Eduardo Pondal elaborada por Manuel Ferreiro, o principal especialista na obra do escritor que onte cumpriu 62 anos. A Deputación tamén colaborará coa Fundación Pondal en diversos actos.

Baixo o título Esta é a terra dos eidos amigos, Ferreiro, que participou en moitas ocasións en Ponteceso, asina este mapa poético-simbólico do escritor. «A terra bergantiñá, e con ela as súas prolongacións por Xallas, Soneira e grande parte de Fisterra constitúe xa un universo xeográfico ligado definitivamente a Pondal», sinala Ferreiro no prólogo. «É un luxo de guía literaria. A obra constitúe un modelo de relación do territorio coa literatura como ferramenta fundamental de identificación simbólica e promoción turística a través, neste caso, da poesía», afirma a responsable de Cultura, Goretti Sanmartín.

A antoloxía artellarase cun primeiro apartado dedicado aos poemas que falan do espazo xeográfico pondaliano: os lugares, os ríos, os montes ou a costa. Detense nas composicións centradas en monumentos megalíticos da «nazón de Breogán», e recolle textos que glosan figuras con nomes que se basean en topónimos da mesma zona. Remata con poemas con presenza das dúas cidades que teñen presenza no universo do poeta, Santiago e A Coruña.

Cupón

Por outra banda, o cupón da ONCE estará dedicado, na xornada de hoxe, a Pondal, cunha imaxe do poeta, unha foto que permanece nos fondos da Real Academia Galega. O boleto foi presentado o pasado día 1 deste mes, un acto no que participo presidente da Academia, Xesús Alonso Montero. En total, saen á veda 5,5 millóns de cupóns.