A historia da escola de Suarriba


Hai un par de anos o concello de Fisterra remataba a rehabilitación da vella escola de Suarriba, unha das xoias da coroa do legado cultural dos nosos emigrantes. Se hai un concello en Galicia do que se pode afirmar con rotundidade que mantén unha débeda histórica coa emigración ese é Fisterra. Ningún outro municipio do país lle debe tanto aos seus emigrantes e cómpre recoñecelo, sobre todo nestes tempos de desmemoria colectiva. Temos falado xa das iniciativas solidarias impulsadas polos emigrantes fisterráns co propósito de recadaren cartos para axudar ás familias dos náufragos ou de propostas relacionadas coa mellora das infraestruturas, como a petición ao goberno do estado en 1928 dun porto de refuxio. Mais case ninguén fala da importancia que tivo a creación das escolas do rural na década dos 30 por parte do ABC de Corcubión, mastro de proa do movemento asociativo na colectividade. Foron catro as escolas rurais construídas na bisbarra coa suor dos emigrantes, entre elas, a de Suarriba, que levou o nome do seu valedor, o mestre Juan Díaz Fernández. En 1929 Fisterra contaba con 1.075 habitantes e só unha escola mixta no núcleo urbano, ningunha no rural, o que impedía a escolarización dos nenos e nenas das aldeas. A construción do inmoble, o mobiliario e o material escolar foron sufragados integramente co diñeiro procedente de alén mar. Naqueles anos de penurias e necesidades, nos que a educación era vista coma un valor de futuro, a xenerosidade dos emigrantes e dos veciños camiñaban na mesma dirección. Os primeiros puxeron os medios económicos; os segundos, os terreos. É o caso de Ramona Santos, que doou a súa herdanza para investila na educación dos seus veciños.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

A historia da escola de Suarriba