«Penso que a cala de Area das Vacas de Canduas é a miña esquina»

La Voz

FISTERRA

18 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A pregunta de quen é Eduardo Pondal e onde viviu sobra facerlla a Esteban Rey, que recita sen problema algún a importancia do bardo e o feito de ter nacido ao lado do Anllóns. Pero o cuestionario vai máis alá:

-¿En que lugar da Costa da Morte intentaron aforcar a George Borrow?

-Buf.. ¡nin idea!... ¿Fisterra?

-¡Correcto!

-Soábame, pero...

-¿Cando foi a última vez que lle pasou o ferro a algunha prenda?

-Onte [xoves] pola noite, para a cea. Pranchei unha camisa.

-¿En que municipio hai un museo de pedras ao aire libre?

-Cabana, polo dolmen de Dombate e o castro de Borneiro.

-Pensabamos nos Penedos de Pasarela e de Traba...

-Ah, claro, ¡tamén!

-¿Un lugar de la comarca?

-Area das Vacas, en Canduas. É unha cala moi pequeniña dende onde se ve toda a entrada do río Anllóns e a ría de Corme e Laxe. Penso que esa é a miña esquina.

-¿Onde e cando son as festas da Xunqueira?

-Ser son en Cee, cando... ¿Agosto?

-¿Cal é a revolta máis famosa da Costa da Morte?

-A dos irmandiños, o Asalto.

-¿Mar ou montaña?

-Ser son de montaña, pero de montaña pegada ao mar, onde se vexa.

-¿En que lugar da Costa da Morte estivo preso o arzobispo Alonso II de Fonseca?

-Nin idea... Eu son de ciencias, ¿eh? Son veterinario [ri]. Por dicir algo: ¿as torres do Allo?

-Case, o castelo de Vimianzo.

-¿Unha festa?

-A Feira-Exposición-Paseo do Cabalo de Ponteceso, claro.

-Veña, un defecto...

-Moitos. Pero quizais a présa.