A exposición «Crónicas da represión lingüística» chega ata o faro

La Voz

FISTERRA

14 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O deputado Xoán Manuel Sande e o alcalde de Fisterra, José Manuel Traba, inaugurarán esta tarde no faro da vila, a partir das 17.00 horas, a exposición Crónica da represión lingüística. Galicia 1936. Á presentación da mostra, que poderá verse ata finais de mes, acudirá tamén o comisario da mesma, Xan Leira.

O obxectivo da exposición é recuperar as vivenzas das persoas que viviron a represión franquista e, ao mesmo tempo, reflexionar sobre as consecuencias que tiveron para elas e o conxunto da sociedade, especialmente no ámbito lingüístico, que sufriu unha forte represión durante eses anos.

A construción narrativa da mostra está baseada en pequenos relatos biográficos de persoas que padeceron a represión lingüística, psicolóxica, social e incluso económica ao longo da ditadura. Ademais, inclúe as opinións de intelectuais como Xesús Alonso Montero, Isaac Díaz Pardo, Manuel Fernández Cid, Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto ou Elixio Rodríguez Domínguez, entre outros.

O horario de visita será de 12.00 a 20.00 horas.