Os gañadores dos certames literarios Territorio Vákner recollen hoxe os seus galardóns

La Voz CARBALLO / LA VOZ

DUMBRÍA

PILAR CANICOBA

Será ás 12.00 horas, no albergue de pregrinos do Conco. Promoven Concello de Dumbría e La Voz de Galicia

09 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O albergue de peregrinos de O Conco, en Dumbría, acollerá hoxe ás 12.00 horas a entrega de premios dos certames literarios Territorio Vákner, na súa terceira edición para adultos e cuarta para escolares. Na primeira das modalidades, os relatos que obtiveron máis puntuación por parte do xurado foron os da autoría de Natalia Monje, Natalia Lema e Rocío Leira, nesta orde. No caso escolar, Nuria Quintela (primaria, colexio Manuela Rial de Cee) e Adriana González (secundaria, IES Rosalía de Castro de Santiago) obtiveron os respectivos primeiros premios.