Antonio Santamaría: «Hai moito votante que era de Pequeño, non do PSOE»

F. Rodríguez / C. Viu CARBALLO / LA VOZ

DUMBRÍA

cedida

A carreira electoral | O candidato popular de Dumbría sinalou que a proposta principal é o plan urbanístico, ademais de medidas para non seguir perdendo poboación

05 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Antonio Santamaría (62 años) ten unha ampla experiencia en política. Será xa a quinta vez que vai de cabeza de lista do PP no Concello de Dumbría.

—Como novidade esta vez hai un partido máis, o BNG. Que lle parece?

—Perfectamente, cantos máis houbera, mellor. O que pasa é que a xente é moi resistente a entrar en política. Aínda para facer as listas é difícil. Eu pensei que era complicado en Dumbría, pero é en todas partes, polo visto. É moi positivo que a xente queira participar.

—Como valora o feito polo Concello de Dumbría nestes catro anos?

—A Pequeño hai que darlle a valoración que fixo en positivo. O cambio que fixo Dumbría nos últimos corenta anos. Que foi en toda a comarca? Si, pero Dumbría mellorou máis. Pequeño queda sendo un referente. O mandato foi ben. Tivemos unha pandemia que xa nos cortou moito, pero positiva.

—A principal novidade destas eleccións será precisamente que José Manuel Pequeño non se presenta. Pode iso beneficiar á súa candidatura?

—Si, nós cremos que si. A xente agora tiña corenta anos de goberno de Pequeño... Vén un tempo novo. Pódenos beneficiar porque hai moito votante que era de Pequeño, non do PSOE. Iso vainos valer tanto a nós como ao BNG. Nas candidaturas estamos abertos a moitas cousas. O abano vai ser máis amplo agora.

A LISTA

  1.  D. Antonio Santamaría González
  2.  José García Capelo
  3.  María Vanesa Lema Sande
  4. José Antonio Búa Trillo
  5. María Elena García Montero
  6. Jesús Lema Puente
  7. Eduardo Capelo Senra
  8. Roland Caamaño Domínguez
  9. Domingo Franco Costa
  10. Ana Belén Túñez Carreira
  11. José Manuel Pazos Montes

Suplentes

  1. Manuel Sambade Parga

—Cal é o obxectivo que se marca o PP de cara ao 28 de maio?

—O noso obxectivo é gobernar Dumbría.

—Que destacaría do seu programa electoral?

—A nosa proposta máxima xa é o PXOM. Dumbría ten que ter un plan urbanístico xa, de forma urxente. Non se constrúe nada e temos que darlle tranquilidade legal á xente que queira facer edificacións ou reformar. Esa é a nosa prioridade. Temos que asentar poboación. Estamos en que toda a Costa da Morte perde habitantes, pero o de Dumbría xa é sangrante. É dicir, nas pasadas eleccións eramos tres mil e pico e agora xa baixamos bastante. Como sigamos así dentro duns anos.... A nosa prioridade é que a xente se quede a vivir. Xa tíñamos que empezar hai moito tempo e ir asentando poboación.

—Esas son as dúas principais propostas?

—Temos un programa bastante amplo. Nós tamén pensamos na xente maior, nos mozos... Queriamos facer un centro de día. Nós entendemos que pode servir para aliviar ás familias. Está moi ben que vaian unha hora á casa, fan un servizo perfecto de axuda no fogar, pero para como a min, que teño a meus pais, un centro de día é vital. Xa sei que hai que coidar aos maiores, pero hai que dar un pouco de alivio sobre todo a esta xente que está constantemente nas casas con eles. Nós temos xente aquí que para ir ao centro de día témolos que desprazar a Muros. Pensamos que a xente maior ten que estar a na súa terra, en Dumbría, pero hai que liberar á familia.

PREFERENCIAS

  • A que hora se ergue? Ás 6.30
  • Que almorza? Un café con leite
  • Un prato preferido? Os raxos de porco
  • ¿Que non comería? Gústame probar de todo
  • Bebida preferida O Mencía
  • Equipo de fútbol Real Madrid
  • Que coche ten? Teño unha pila de coches vellos
  • Unha afección O cine
  • Un lugar Dumbría
  • Redes sociais que utiliza Facebook

ARTES E LETRAS

  • Escritor ou escritora favoritos Arturo Pérez Reverte
  • O último libro que leu Agora, técnicos sobre coches
  • Última película que viu Posesión infernal
  • Un/ unha artista Carlos Núñez
  • Un actor Luis Tosar
  • Unha actriz Penélope Cruz
  • Un/unha cantante ou grupo Juan Pardo
  • Tipo de música Toda
  • Deporte que practica Sendeirismo
  • Unha viaxe pendente Todas