«O galo Charlagalego», en Dumbría, con motivo das Letras Galegas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

DUMBRÍA

J. M. CASAL

O contacontos e obradoiro infantil está previsto para o venres 14, na Casa da Cultura de Olveira

09 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres 14 • Ao fío das Letras Galegas, o Concello de Dumbría ten preparada para o venres 14 unha sesión de contos e obradoiro infantil, para nenos de 5 a 8 anos. Leva por título O galo Charlagalego e a coella Amelia. A actividade está prevista para as 18.00 horas, na Casa da Cultura de Olveira, e os interesados han de facer reserva previa de praza (limitadas) no 981 744 001, antes do 13.