José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría: «O covid levou por diante o Vákner, o Gran Fondo Ézaro e a etapa da Volta»

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

DUMBRÍA

BASILIO BELLO

UN ANO DE CORPORACIÓNS | «Tiña que ser o ano da consolidación destes proxectos, e agora traballamos en garantir a seguridade e a hixiene», di o rexedor dumbriés

11 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

José Manuel Pequeño Castro (1955) é un dos políticos máis veteranos da Costa da Morte. De feito, é o rexedor con máis anos no cargo. Chegou á alcaldía de Dumbría no ano 1983, e dende entón só acumulou maiorías absolutas, pero recoñece que o coronavirus e as súas graves secuelas modificaron toda a política municipal nun ano especialmente importante para o municipio.

-Que balance fai deste ano?

-Era un ano marcado en vermello, un dos mellores de Dumbría, cunha gran proxección nacional e internacional grazas a uns eventos dunha categoría case impensable para un concello das nosas características. Pero o coronavirus fixo moito dano.

-Algúns destes proxectos están vinculados ao deporte.

-Si, e foron presentados en Fitur. Pero non todos o están. O Vákner, no que pretendiamos facer un festival con Luar na Lubre, que compuxo unha canción sobre o Vákner, os peregrinos... A nosa intención era darlle á terra do Vákner ese empuxón definitivo que lle estabamos a dar... Facer unha escultura no Camiño. Logo tiñamos o Gran Fondo do Ézaro, cunha gran repercusión ao través da UCI (Unión Ciclista Internacional), con 1.500 ciclistas de todo o mundo. E logo tiñamos a etapa da Volta Ciclista, que foi, sen dúbida, a proba que puxo a Dumbría no mapa mundial, neste caso do deporte. Estes tres eventos eran fundamentais.

-Sobre todo polo turismo.

-Antes da etapa do ano 2012, en Dumbría, que xa tiña daquela oficina de turismo permanente, contabilizábanse de media no verán dúas mil e pico persoas; dende aquilo, máis de 70.000.

-Vamos, que o coronavirus golpeou de forma directa o concello dumbriés.

-Si, dende logo. Todo está pechado. Temos unha segunda oficina de turismo, aínda que non permanente durante todo o ano, dirixida aos peregrinos -por certo, outra actividade que afecta moito a Dumbría-. Estabamos mimando o tema do Camiño co Vákner, cos albergues.... Poñer en valor o noso patrimonio material e inmaterial. Falamos tamén dos campionatos de España de voleibol, o posible ascenso do Voleibol Dumbría á Superliga Un. Tivemos que suspender a Festa da Familia, a Festa da Praia, a iluminación da cascada... E todo iso para garantir a seguridade dos veciños e dos turistas que nos veñan ver.

-Que plan pon en marcha o Concello para previr posibles contaxios por coronavirus?

-Limpezas e desinfeccións constantes en espazos públicos, onde haxa posibles aglomeracións -como nos servizos situados xunto á cascada-, e a contratación de tres persoas para garantir que os accesos á pasarela se fan de acordo ao que ditamina as autoridades sanitarias. Tamén dotamos de xeles e sistemas de prevención a todos os espazos vinculados ao turismo. Todo o noso esforzo vai encamiñado nese sentido, porque agora, como Concello e Administración máis próxima, temos que dar e transmitir confianza e seguridade, porque serán os turistas os que mellor poderán facer esa campaña de dicir que Dumbría é un concello no que se garante a hixiene sanitaria. Queremos dar seguridade, pero tamén pedimos aos turistas que, por favor, cumpran coas normas.

-Dumbría puxo en marcha un plan especial de emprego local, con máis de cen persoas contratadas durante todo o ano.

-Eu sempre digo que hai que regresar á normalidade, pero esa normalidade levará o seu tempo. Agora a filosofía non é gañar diñeiro, senón como aguantamos do negocio. Creo que os concellos non temos que dar mil ou dos mil euros, cando xa hai axudas polos ERTE ou ceses de actividade temporal. Dous mil euros a un comercio ou a un hostaleiro non lles repercuten nada. O que si lles repercute é que a xente e os seus clientes consuman e compren neses negocios. E se hai consumo, hai vida. De que serve dar dous mil euros a un autónomo se non lle vai xente a comprar ou consumir? O importante é xerar actividade. Este plan xa o puxemos en marcha no 2008, coa anterior crise, e deu moi bo resultado, e agora hai que volver a iso con máis forza. Se as familias teñen ingresos, xeran consumo e, polo tanto, actividade e normalidade. Porque hai que ser claros, aquí podemos vivir dous ou tres meses do turismo, e o resto do ano? Pero tamén temos que mirar polo resto de servizos, como socorristas, brigadas de limpeza de rúas, praias, estradas...

-Como ve o futuro a curto prazo?

-Non se pode afogar máis aos concellos, que somos os que estamos máis preto dos nosos veciños. Que como o vexo? Témolo moi duro.

O negativo: «O que máis me doe é que non se celebrará o 2 de setembro, que se trasladou para o 3 de novembro, a etapa contra reloxo da Volta Ciclista a España... O eco e a súa repercusión son moi importantes e relevantes. Se todo marcha segundo o previsto, poderá celebrarse cunha serie de medidas moi estritas, pero a data inicial do 2 de setembro era ideal, porque aínda habería turistas. Se o tempo acompañara sería incrible a súa repercusión, porque estamos a falar dunha proba que se retransmite en máis de 150 países, con horas e horas de televisión en directo... E logo o tema do Vákner, ter que pospoñer o festival con Luar na Lubre, a súa repercusión no Camiño ao Ara Solis... Con miles de turistas e peregrinos. É moi duro. Creo que son os dous acontecementos, xunto co Gran Fondo do Ézaro, que marcan un antes e un despois na historia recente de Dumbría».

O positivo: «Do que me sinto máis orgulloso é de que fomos capaces de revivir e poñer en valor o tema do Vákner. É un potencial de futuro enorme para Dumbría e para a Costa da Morte, aínda que creo que algúns non se deron de conta do enorme potencial que ten o Vákner».

El portavoz del PP, Antonio Santamaría, se reestrena como portavoz de la oposición

El alcalde de Dumbría, el socialista José Manuel Pequeño Castro, cumple 37 años en el cargo, tras revalidar en junio del pasado año su mayoría absoluta. Lo hizo con un 80,83 % de los votos, lo que llevó a conseguir nueve de los once ediles de la corporación (uno menos que hace cinco años).

En el PP sí hubo cambios: Antonio Santamaría regresó a la política activa, tras 12 años, y además su partido lo hizo con dos ediles (hace cinco años solo había uno). Su compañero, José García Capelo, estuvo con él en las anteriores etapas. Logró 340 votos, frente a los 1.526 de Pequeño.

El portavoz del Partido Popular de Dumbría, empresario y de 59 años de edad, declinó ayer la invitación de La Voz de Galicia en su delegación de Carballo para hacer balance de este primer año de gobierno municipal.