«O obxectivo é facer que os ciclistas se sintan como no Tour de Francia»

MELISSA R. / VERÓNICA C. CARBALLO / LA VOZ

DUMBRÍA

JOSE MANUEL FERREIRO

«Hai que destacar o impacto económico que supón para a comarca. A ocupación hostaleira está cuberta», dijo César Ferrío

06 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Xa non queda nada para que se celebre a cuarta edición da marcha cicloturista máis prestixiosa de Galicia, o Gran Fondo Ézaro, que este ano, ademais, forma parte do circuíto das series mundiais da Unión Ciclista Internacional (UCI). Este último aspecto tivo moita repercusión na cita deportiva, e Dumbría, ademais dos outros cinco concellos polos que transcorre a ruta (Cee, Muxía, Carnota, Muros e Mazaricos), xa ten case todo listo. O técnico de Deportes, César Ferrío, contou todo tipo de detalles para os micrófonos de Radio Voz Bergantiños.

-Récord de inscritos para este domingo pola mañá. ¡O Gran Fondo é un sen fondo!

-A verdade é que si. Cumpríronse as expectativas e estamos moi contentos. O feito de ser a única proba da UCI no calendario de España tamén influíu á hora das inscricións, sobre todo, internacionais. Temos 111 portugueses, mais varios suízos, polacos e alemáns, e tamén un australiano.

-¿Xa está todo preparado?

-Temos todo posto en marcha, aínda que xa sabemos que neste tipo de eventos sempre hai imprevistos e cousas de última hora que amañar, ademais de velar pola seguridade dos ciclistas co control da circulación de vehículos que iso implica. Este aspecto é no que máis estamos traballando coa Garda Civil, a Policía Local e a Protección Civil dos distintos concellos para que todo saia ben.

-¿Que cortes de tráfico haberá?

-Vai haber algún corte de tráfico con algunha retención para os usuarios das vías, salvo na estrada do Concello de Carnota dirección a As Paxareiras, que vai permanecer cortada todo o tempo debido ó perigo que conleva aos ciclistas baixar por ela. Pero, en xeral, non lle afecta moito ás principais estradas polas que o pelotón pasa como son a AC-550, a AC-552 e AC-400.

-¿En canto ó percorrido, hai cambios significativos respecto ó ano pasado?

-Non, é o mesmo, xa que ós deportistas gústalles moito porque hai para tódolos gustos. O que non se sinte preparado de todo e quere gozar igualmente da marcha, pode facer a ruta curta, que a nivel popular está perfectamente deseñada. A grande, en cambio, xa é máis esixente e dura para aqueles que queiran esforzarse ó máximo. Estamos falando dos percorridos máis duros a nivel nacional.

-O Gran Fondo Ézaro é coñecido, ademais de polo marabilloso entorno polo que transcorre, polas caras coñecidas que van sobre as dúas rodas. ¿Que novidades trae este ano?

-Como ciclistas invitados temos a Carlos Sastre e a Marino Lejarreta, dous históricos que levarán os dorsais número 1.500 e 1, respectivamente. Tamén a Javier Gómez Noya que foi o vencedor da edición pasada e nesta nova repite. A nivel galego profesional, destacan Álex Marque e Gustavo César, e outros moitos máis. Pero a nosa preocupación é facer que o resto de ciclistas sintan como no Tour de Francia por un día. E nese aspecto, creo que o estamos conseguindo. Pero tamén hai que destacar o impacto económico que supón para a comarca. Agora mesmo, a ocupación hostaleira está cuberta totalmente.

-Van xa varios anos da proba. ¿Nese sentido, ata que punto o notaron?

-A primeira volta de España que se celebrou aquí en O Ézaro situou a Dumbría no mapa. Marcou un antes e un despois. E se se miran os datos de turismo dende ese ano, as visitas a Dumbría multiplicáronse por 40 e aínda van a máis. E isto, tamén foi, porque dende o Concello vimos que isto tiña forza e non deixamos que a chama se apagara.

-Pero o Gran Fondo é moito máis que deporte, ¿non si?

-Si, totalmente, coa comida popular e a cerimonia de premios posteriores á proba en si. Os ciclistas intercambian opinións, ven os vídeos da carreira, conversan... Estamos desexando que chegue o domingo para rememorar o vivido outros anos, mais para reencontrarse con amigos, que sempre está moi ben.

¿Cuánto de difícil o extremo es el trayecto?

La ruta corta cubre un total de 74,5 kilómetros aproximadamente. El punto más alto se alcanza en el Alto de Ferroatlántica, de tercera categoría. Su posterior descenso sitúa a los corredores a 8 kilómetros de meta, con la única dificultad de afrontar la subida al Mirador de O Ézaro.

La ruta larga, en cambio, comparte recorrido con la ruta corta en sus primeros kilómetros, pero una vez llegados de nuevo al punto de salida, continúa dirección sur hacia Muxía. Se caracteriza por la variedad de trazado, ya que combina un terreno plagado de altiplanos, tramos muy llanos y puertos de entidad. Uno de estos es el Alto das Paxareiras, una cota de primera categoría de unos 10 kilómetros de ascenso, con unos 2 kilómetros finales muy duros, y el remate en el Mirador de O Ézaro, un puerto tremendamente explosivo.Son, en total, 140 kilómetros de trayecto.

Para los interesados en conocer los cortes de tráfico (habrá bastantes), pueden llamar al teléfono 662346927.

Horarios para no perderse ni un segundo de la prueba

La recogida de dorsales se efectuará durante el sábado y el domingo en O Ézaro: de 12.30 a 14.30 horas y de 17.00 a 21.30 el primer día, y de 6.30 a 8.30, el segundo. A esta última hora también se producirá el cierre de entrada de participantes a la zona de salida, seguida de la presentación de los participantes invitados, Luego ya se formará el cajón de salida y el corte protocolario de cinta para producirse la salida a las 9.00.

Se estima que la llegada del primer participante de la ruta corta será a las 11.40, y la del último, a las 12.40. Asimismo, la entrada en meta del primer participante de la ruta larga será a las 14.00, y del último, a las 15.30. La apertura de la zona de comida será a las 14.00, y la entrega de premios y obsequios a las 16.00.

Para identificar las categorías, los colores a tener en cuenta son los siguientes: rosa (entre 19 y 34 años), verde (35-39), azul marino (40-44), naranja (45-49), amarillo (50-54), azul cielo (55-59), rojo (60-64) y caqui (más de 65).

Los mejores estarán en el Gran Fondo Ézaro

Quien abrirá la carrera será Marino Lejarreta con el dorsal 1, que fue campeón de la Vuelta a España 1982 y segundo en el 83. Corrió, en total, 27 grandes vueltas, llegando a terminar dos veces quinto en los Tour de Francia del 89 y 90, y entre los diez primeros en las siete ediciones en las que participó en el Giro de Italia.

Por su parte, Javier Noya portará el dorsal 1.000; el pentacampeón del mundo de triatlón que el pasado año fue el primero en cruzar la meta con un espectacular tiempo de 8:18 en la subida final.

Carlos Sastre, un escalador de excepción, será quien cierre el pelotón cuando se cumple una década desde su triunfo en el Tour de Francia. Además, tiene en su haber dos terceros puestos así como un segundo en la Vuelta a España 2007, y otro segundo en el Giro de Italia 2009.

Pero la cosa no se queda aquí. Iván Raña, Álex Marque, Óscar Pereiro, Gustavo Veloso, David Blanco, Álvaro Pino o Serafín Zubiri completan la lista.