Da cascada do Ézaro iluminada ás Letras e do Rockin' ao Combo

Consulta aquí algunhas das citas para próximos tempos que se veñen coñecendo nas últimas horas


CARBALLO / LA VOZ

 Arredor do 17 de maio e para poñer en valor letras e cultura galegas, a Universidade Popular de Corcubión organizou o ciclo «Maio das Letras». Así, unha das propostas da entidade, que recentemente estreou local na avenida da Viña, número 10, é unha charla sobre o presente e o futuro do galego, impartida polo presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceiras. Figura no programa, asemade, unha presentación literaria a cargo de Xosé Ramón Freixeiro Mato, ademais dunha actividade para nenos no parque infantil. A través da pintura, e con distintos murais, daranse a coñecer os escritores do país.

Destaca, finalmente, a actuación do grupo As Rinchonas, parte da Universidade Popular, no programa Luar. Poderanse ver o día 18 e alí estrearase a «Jota de Corcubión», facendo unha recreación do día no que o musicólogo americano Alan Lomax pasou pola localidade (1952) e gravou a Lela, Maruja e Juana Lema, As Xaviñanas. Será, pois, unha homenaxe a elas e á súa familia.

Cascada iluminada en el verano

Junio, julio, agosto y septiembre • Se vio en Semana Santa y, también, en vísperas del 1 de mayo. La cascada de O Ézaro, en Dumbría, tiene un enorme tirón a nivel turístico que se refuerza en ciertas noches, con un espectáculo de iluminación. Justamente ayer, el Concello dio a conocer cuándo serán esas jornadas en el tiempo de verano. Así, en el mes de junio, la cascada podrá verse iluminada los días 23 y 30 (sábados), entre las 23.00 y las 00.00 horas. En julio, los sábados 7, 14, 21 y 28, en ese mismo horario, pero también el martes 24, víspera del Día de Santiago Apóstol, Día de Galicia. Igualmente, en agosto, se iluminará los sábados 4, 11, 18 y 25, así como el martes 14, víspera de festivo (15 de agosto). En septiembre todavía podrá contemplarse también el espectáculo, de 23.00 a 00.00 igualmente: jornadas del 1, 8, 15 y 22.

Do Festival Contra-Letras ao Rockin’ ou o Combo

Casino 1889 (Carballo) • O Casino de Carballo, Casino 1889, anuncia a convocatoria do certame poético Festas Minervais, co ánimo de recuperar esta celebración literaria que cumpriría 75 anos. Os interesados r deben presentar entre 3 e 5 poemas orixinais, en galego ou en portugués. De temática e extensión libre e firmados con pseudónimo, han de entregarse no Casino antes do 15 de maio, xunto cun sobre cerrado no que figuren os datos persoais e de contacto do autor. Os ganadores anunciaranse o 17, no transcurso do Festival Contra-Letras.

Rockin’ Carballo • O festival Rockin’ de Carballo xa ten cartel pechado. Será o 30 de xuño (entrada de balde), con dous escenarios. A mediodía, Hermanos Cubero, Cora Sayers e Knives. Pola tarde-noite, Power Solo, Ezetaerre, Zënzar, Kurt Baker Combo e The Unfinished Sympathy.

Combo Dominicano en Vilaño • A comisión de festas de Vilaño (A Laracha) ten organizada para o venres a súa primeira Festa da Xuventude. Discoteca CDC e Combo Dominicano integran o cartel. Habilitarase aparcamento.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Da cascada do Ézaro iluminada ás Letras e do Rockin' ao Combo