«A misión dun actor é chegar ao corazón do público»

O intérprete leva esta tarde á Casa da Cultura de Olveira a súa adaptación do clásico literario de Xosé Neira Vilas


O actor, autor e director Cándido Pazó fai hoxe un parón nos ensaios da estrea en Coimbra de A canoa -prevista para o día 17- para pasarse pola Casa da Cultura de Olveira e o ciclo Dumbría á escena coas súas Memorias das memorias dun neno labrego (ás 21.30 horas). No mesmo escenario, ás 12.00, actuará Cascanueces en sustitución de Talía.

-A obra foi estreada polo 50 aniversario do libro e 4 anos despois aí segue.

-Imos xa pola función 125 e a idea miña é non descatalogar o espectáculo; mentres eu poida subir a un estrado estas Memorias dun neno labrego andarán comigo así que estou encantadísimo de levalas a Olveira.

-¿Por que ten tanto éxito?

-Porque é unha obra que apela directamente á memoria colectiva, non só dos feitos que conta senón dun libro que moita moita xente leu e que ten como unha das obras de referencia galegas; aparte está a figura de Neira Vilas, que resulta entrañable, e o conxunto de todas esas cousas fai que a peza vaia camiño de converterse nun clásico.

-¿A xente coméntalle o que lle gusta da adaptación ou se bota algo en falta?

-Si, fálanche das súas vivencias. En Bos Aires, ao terminar a función, un operario do teatro veume dicir [con sotaque arxentino] ?ah, trangalladas, trangalladas, che, cuanto tiempo hacía que no escuchaba esa palabra. La decía mi abuelita y se me vino a la memoria las comidas que hacía, su manera de hablar, que hablaba gallego, tantas cosas...? Eu notei que a palabra trangalladas fóra para el como un tapón que destapara o pozo da súa memoria.

-¿Que sinte cando obtén unha resposta así?

-Todos os que nos poñemos nun palco, diante do público, queremos conseguir isto. Non sempre o logramos, pero cando se consegue sentímonos moi ben porque esa é a nosa misión, chegar ao corazón da xente.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

«A misión dun actor é chegar ao corazón do público»