As Letras Galegas seguen este sábado na Costa da Morte 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CORISTANCO

Fernando Fraga, director da Banda de Música de Cee
Fernando Fraga, director da Banda de Música de Cee ANA GARCIA

AXENDA | Música, roteiros, teatro... hai variadas opcións para pasar este 21 de maio en torno á lingua 

21 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Anote, porque ademais do roteiro literario Asunción Antelo de Coristanco e da función de Vagalume no Pazo carballés, hai bastante para elixir:

Cabana • Unha ollada á primavera, a partir das 17.00, na Praza do Pendón. Itinerario guiado polo paseo marítimo para coñecer o patrimonio do esteiro do Anllóns.

Cee • Ás 13.00 horas, na Praza da Alameda, a Banda de Música de Cee ofrecerá o seu Concerto das Letras. Obras galegas, principalmente, mais tamén algunha peza doutros estilos, como dous tangos de Piazzolla ou unha escolla das músicas de La la land, informa Fernando Fraga. Doutro lado, ata o 25 de maio, pode visitarse na biblioteca Francisco Mayán unha mostra sobre a figura, vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán.

Corcubión • Presentación de tres poemarios de Ricardo Seixo: Sinais, Coa luz negada e Na república da intimidade. Capela do Pilar, 20.00.

Carballo • A maiores da cita teatral ás 20.30 horas no Pazo, hoxe é día de Curruncho Pop. Ás 19.30, na biblioteca Rego da Balsa, concerto de Magín Blanco e presentación do libro Magín Blanco: o camiño da luz, de Carlos Rego. Entrada con reserva previa.

Laxe • Ás 20.30 horas, na Praza dos Voluntarios, concerto de Miguel Alonso. Con Literaria traerá poemas musicados, algúns deles de Florencio Delgado. Por tanto, versos e canción de autor.

Pasarela (Vimianzo) • Das 16.30 horas en adiante, Letras Galegas coa asociación de veciños de Pasarela. Actuarán Trubisquiña, O Son do Castro, Pasarela Big Band, Foliada de Salto, Airiños do Río Grande e Os Sapapusios. Tarde de irmandade completada con pinchos, bolos preñados...

Zas • O auditorio de Zas acollerá esta noite (21.30 horas) a última das representacións da quinta Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Trátase de Crime desorganizado, da Agrupación Teatral Mariñán, unha comedia para todos os publicos. Gratuíto.