A regueifa da semana: «Sempre a lacra deses lumes, anda ardendo o noso monte pola zona de Fisterra»

«Voulle dicir a eses nenos, desde este altavoz, espero que estudedes para ser mellor ca nós», di Lupe Blanco na súa regueifa semanal


Moi bos días para todos,

por se non o dixen antes,

agás para esa xentiña

que se fai moi repunante.

Falo da xente da tralla,

xente de mala neviña,

que sodes máis repunantes

ca quitar galo á galiña.

Non vou ir con ese tema,

que non é o meu cometido,

nin galos e nin galiñas,

só quen se vexa aludido.

Pero vamos ir cos temas,

e non cos paranormais,

porque ando desgustada

cos incendios forestais.

Sempre a lacra deses lumes,

é mellor que non houbera,

anda ardendo o noso monte

pola zona de Fisterra.

Que desgraza, coma sempre,

que arda en calquera lado,

os que van prender no lume

non son máis que uns desgraciados.

Os que merecen aplausos,

e non é por ser artistas,

son esa xente no monte

que lles chaman brigadistas.

Canto temos que aprender,

a ignorancia anda sola,

debíamos ir cos rapaces

que xa comezan a escola.

Estamos no mes correcto,

e agora é o momento,

os rapaces amolados

e os pais todos contentos.

Como non van estar contentos,

xa vos digo o que pasa,

polo menos nunhas horas

non os aturan na casa.

Voulle dicir a eses nenos,

desde este altavoz,

espero que estudedes

para ser mellor ca nós.

E agora despídome,

que xa case me atraganto,

víndelle comer as tapas,

hai ruta en Coristanco.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A regueifa da semana: «Sempre a lacra deses lumes, anda ardendo o noso monte pola zona de Fisterra»