Amancio Lavandeira: «Non deixaron que rematásemos o programa»

26M: AS MUNICIPAIS | O exrexedor coristanqués cre que a moción de censura mudou a vida política do municipio e pide apoios para un goberno estable. Volve ser o candidato de Terra Galega 

j. v. l.
Carballo / la voz

Amancio Lavandeira Suárez (Seavia, 1966) foi apartado da alcaldía de Coristanco cunha peculiar moción de censura, polo que o seu obxectivo é recuperala.

-Como cre que vai afectar todo isto?

-Eu creo que a imaxe que se deu nestes catro anos foi negativa para a política municipal de Coristanco. Tendo en conta que agora unha persoa que sae elixida ela soa de concelleira pode ser alcalde, como xa se demostrou, independentemente dos apoios que teña, faise máis necesaria que nunca unha candidatura forte, que teña o apoio suficiente para poder gobernar sen a necesidade de ter que andar con acordos ou pactos como sucedeu nestes últimos catro anos.

-Como ve o escenario electoral con oito partidos?

-Por un lado, dende o punto de vista democrático, está claro que todo o mundo ten dereito a participar no ámbito político, pero tamén é verdade que eu creo que os partidos que se presenten teñen que ter un suficiente apoio para poder realmente gobernar. Oito partidos, se todo o mundo saca representación, eu creo que vai ser bastante ingobernable. Todas as problemáticas que sucederon nestes últimos catro anos deron como consecuencia que agora haxa semellante cantidade de iniciativas, de partidos.

-Que destacaría das propostas de Terra Galega?

-Creo que nos cortaron as nosas iniciativas, as nosas propostas. Non deixaron que rematásemos co noso programa. Afrontamos un primeiro período moi complicado, como era a débeda e a situación económica e de xestión que había no Concello. Foron dous anos moi difíciles nos que demostramos que tivemos que xestionar e tivemos que facer encaixe de bolillos para sacar adiante todas esas iniciativas e propostas que fixemos. Está claro que non é normal que na metade do mandato che poñan unha moción de censura e que saia adiante tal e como sucedeu, porque o normal é que se poña unha lista cos suficientes apoios e nunca unha persoa ela soa de alcalde, co apoio de outros seis concelleiros. Polo tanto, creo que o que foi a parte máis difícil, a recuperación económica do Concello de Coristanco, lográmola. Mesmo había moitas facturas en investigación, que por aí veu o da moción. Nós o que queremos é que haxa unha transparencia.

A favor / en contra

  • Cadea perpetua revisable: A favor
  • Aborto: Apoia a formación e información
  • Investigados nas listas: En contra, pero presunción de inocencia por enriba de todo
  • Traslado de restos de Franco: Creo máis na reconciliación
  • Referendo Cataluña: Marco legal
  • Acollida refuxiados: Debemos ser solidarios e atacar os problemas en orixe
  • Eutanasia: Morte digna e paliativos
  • Cambio lei violencia xénero: Se se aplica é correcta a que hai
  • Prohibición fumar praias e piscinas: Por suposto
  • Casco urbano a 30 km/h: Hai que estudar cada caso

Preferencias

  • A que hora se ergue? Na volta das sete da mañá
  • Que almorza? Unha torrada, froita, Colacao...
  • Prato preferido: Moitos: o cocido, o churrasco...
  • Que non comería? Vermes, non me atrevería
  • Bebida preferida: Sidra, un viño do país, cervexa...
  • Equipo de fútbol: Son do Madrid, Amancio marca dende pequeno. Meu padriño xa mo inculcou
  • Que coche ten? Un Peugeot 407
  • Unha afección: Sendeirismo e correr
  • Un lugar: Nogueira
  • Que tarefas de fogar realiza? Un pouco de todo

Artes e letras

  • Escritor favorito: Teño varios: Reverte, Tolkien...
  • Último libro que leu: Polo traballo teño que ler moitos, pero así en plan novela un de templarios
  • Última película que viu: Asesinato en el tren, creo
  • Un artista: Bruce Springsteen, Bowie...
  • Un actor: Robert De Niro, Clean Eastwood
  • Unha actriz: Meryll Strepp, Judie Foster
  • Un cantante: Mark Knopfler
  • Tipo de música: Pop, rock
  • Deporte que practica: Ir a correr
  • Unha viaxe pendente: Gustaríame ir aos Alpes, porque me gusta moito a montaña

A lista

1. Amancio Lavandeira Suárez

2. Laura Tansende Cancela

3. Andrés Manuel Díaz Abeledo

4. María Dolores Taibo Lavandeira

5. José Manuel Díaz Rey

6. Jaime Taboada Lema

7. María Isabel Rey Porteiro

8. Antonio Manuel López García

9. María Begoña Gómez Suárez

10. David Pérez Novas

11. Silvia María Botana Lage

12. Natalia Mato Vila

13. José Luis Fernández Facal

Suplentes

1. Juan Ramón Sanjurjo Martínez

2. María Dolores Rodríguez Cures

3. Antonio Andrade Pose

4. Susana Rodríguez Taibo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Amancio Lavandeira: «Non deixaron que rematásemos o programa»