Antonio Pensado: «Pactar? Iso é moi difícil, só garanto diálogo e diálogo»

26M: AS MUNICIPAIS | «Por riba de calquera interese particular ou político prevalecerá o interese xeral dos veciños», indicou o candiato á alcaldía por Agrupación de Electores de Coristanco

T. Longueira
Carballo / la voz

Antonio Pensado Plágaro (1955, Seavia) pretende regresar á alcaldía con Agrupación de Electores de Coristanco.

-Novas siglas e sen o paraugas do PP.

-Estiven no Partido Popular, antes Alianza Popular, dende 1977. O partido decidiu que outra persoa tiña que ser a candidata, algo que respectei dende o primeiro momento, e pola miña parte decidín, xunto con outros compañeiros, constituír a Agrupación de Electores de Coristanco porque cremos que podemos xestionar o futuro de Coristanco.

-Oito partidos e todo apunta a que non haberá maiorías absolutas. Está disposto a pactos? E de ser así, con quen?

-Para nós será o mandato da familia, porque hai que pensar nas familias, sobre todo, das máis necesitadas e o Concello ten que ser o primeiro en estar aí. Haberá diálogo, diálogo, moito diálogo. E se hai que pactar, pactarase. Por riba de calquera interese particular ou político prevalecerá o interese xeral de Coristanco. O Concello non é unha Administración que se vaia a discutir, o que se debaterá ou discutirá son os mellores plans e o mellor investimento. ¿Pactar? Iso é moi difícil, soamente podo garantir diálogo, diálogo e moito diálogo.

-Que valoración fai deste último mandato.

-No 2015 representei á lista máis votada, perdín por 33 votos a maioría absoluta e formouse un tripartito que aos poucos meses se foi desintegrando Veu a moción de censura... Pero o problema é que temos un tecido empresarial medio paralizado, autónomos sen vida, e explícome: somos un Concello pequeno, pero se a economía funciona axúdase a moitas empresas. Tivemos, e temos, obras sen adxudicar, de, incluso, do ano 2015. Temos o Concello paralizado e todos os demais sofren as consecuencias. O vindeiro mandato será importante para Coristanco. Hai que recuperar o tempo perdido.. Os veciños xa mo transmiten, queren un cambio de xestión.

-Cales son as liñas mestras do seu programa.

-Hai que reorganizar o Concello, baixar os impostos como o de circulación, mellorar as estradas e pistas e gran parte das infraestruturas públicas.

A favor / en contra

  • Cadea perpetua revisable: A favor
  • Aborto: Que elixan as mulleres
  • Investigados nas listas: Non deben ir os condenados
  • Traslado de restos de Franco: En España hai outros temas máis importantes, que descanse en paz
  • Referendo Cataluña: Non. Somos España, única e indivisible
  • Acollida refuxiados: De forma controlada, si
  • Eutanasia: Si, pero moi lexislada
  • Cambio lei violencia xénero: Creo que está ben así
  • Prohibición fumar praias e piscinas: A favor
  • Casco urbano a 30 km/h: Vou ser un pouco crítico. En contra, en termos xerais

Preferencias

  • A que hora se ergue? Ás 5.15 da mañá
  • Que almorza? Un café con leite
  • Prato preferido: Un bo pescado ou unha boa carne
  • Que non comería? Caracois, nunca os probei
  • Bebida preferida: Auga
  • Equipo de fútbol: O Real Madrid, o Deportivo e os equipos da zona
  • Que coche ten? Un A4 e un Peugeot 206
  • Unha afección: A caza maior
  • Un lugar: Coristanco e logo Galicia
  • Que tarefas de fogar realiza? Seguro que se me escoita a muller ri. Case nada, pero gústame colaborar 

Artes e letras

  • Escritor favorito: Calquera de Galicia
  • Último libro que leu: Hai un ano que non leo un libro, pero leo todos os xornais a diario
  • Última película que viu: Non lembro, vexo todos os telexornais
  • Un artista: Todos os galegos
  • Un actor: Todos os galegos, por non discriminar
  • Unha actriz: O mesmo
  • Un cantante: Os nosos
  • Tipo de música: Clásica
  • Deporte que practica: Teño que recuperar o do camiñar
  • Unha viaxe pendente: Non, gústame estar aquí

A lista

1. Antonio Pensado Plágaro

2. Élida Veciño Velo

3. María Beatriz Vidal Recarey

4. María Adelina Alonso Andrade

5. Faustino Blanco Couto

6. José Manuel Lista Varela

7. Manuela Rodríguez Vázquez

8. Marcelino Cambre Bouzas

9. Ramón Ángel Pose Arijón

10. María Belén Suárez García

11. Vanessa Rojo Abelenda

12. José Ramón García Lista

13. María del Pilar Suárez Sánchez

Suplentes

Ana María Espasandín Sanjurjo, Alberto Pérez Pensado, Sofía Suárez Rodríguez, José Antonio Porteiro Suárez, Rebeca García Domínguez, Francisco Manuel Vecino Serra, Manuel Varela Balsa y Karina Lois Pastoriza.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Antonio Pensado: «Pactar? Iso é moi difícil, só garanto diálogo e diálogo»