«O mandato que remata foi un esperpento político»

v. c. / s. g. CARBALLO / LA VOZ

CORISTANCO

Ana Garcia

CARLOS ABELENDA | MAREA DE CORISTANCO | O aspirante a alcalde cre que a súa formación é a única que pode facer posible «un cambio real e eficaz» no municipio

24 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Carlos Abelenda Fernández (Verdes, Coristanco, 23 anos) preséntase por primeira vez a unha cita electoral. «É a miña primeira experiencia en política e estou moi ilusionado», sinala. Encabeza Marea de Coristanco. Leva moitos anos organizando ou liderando actividades, como as festas da súa parroquia. Tamén é campaneiro, e pirotécnico, en todos os casos coo o seu avó. Estuda Políticas.

-Que o levou a tomar esta decisión de presentarse?

-Primeiro, o mandato que remata, que foi un esperpento político. E tamén, logo de debater, pensar e reflexionar moito, chegamos á conclusión de que se queriamos que en Coristanco houbese un cambio político, tiñamos que ser os veciños os que désemos un paso adiante, e deixar atrás a toda esa clase política que nestes anos demostrou máis pensar en si mesma e nos seus intereses que nos dos veciños de Coristanco.

-Como ve a situación política do municipio? Hai oito partidos.

-Cando falamos dese tema, sempre digo o mesmo: é algo enriquecedor, fala da boa saúde democrática do noso Concello. E fago fincapé para que a xente participe. Cantas máis opcións políticas existan, máis opcións ten a xente para depositar a súa confianza. Esperemos que haxa máis xente que nunca nos colexios electorais, que a xente vote e decida o futuro de Coristanco.

-Que pode aportar a Marea?

-Cremos que somos a única candidatura que pode facer posible que en Coristanco haxa un cambio real e eficaz, de 180 graos, no xeito de facer política do que houbo ata agora. A maioría dos que se presentan xa estiveron no goberno e demostraron a súa incapacidade para chegar a acordos, tender pontes, para pensar no mellor para o noso Concello. Nós somos os únicos que representamos iso, en vista do que houbo ata agora dos demais.

-Que destaca do programa de Marea de Coristanco?

-A participación cidadá, que parece algo moi abstracto, pero é moi importante. Deben ser os veciños os que tomen as decisións que afecten á súa vila. E tamén queremos ter en conta as telecomunicacións, apostar por iso, que o acceso á Internet e cobertura de móbil e datos se mellore. Non se pode concibir que a estas alturas, en algúns lugares de Coristanco, a conexión a Internet sexa inexistente, e a móbil igual.

A favor / en contra

Cadea perpetua revisable: En contra

Aborto: A favor

Investigados nas listas: En contra

Traslado de restos de Franco: A favor

Referéndum Cataluña: A favor

Acollida refuxiados: A favor

Eutanasia: A favor

Cambio lei violencia xénero: A favor

Prohibición fumar praias e piscinas: A favor

Casco urbano a 30 km/h: En contra

Preferencias

A que hora se ergue? Depende. Sobre 8.30

Que almorza? Café con torradas

Prato preferido: Moitos. Marisco, ameixas.

Que non comería? Caracois.

Bebida preferida: Auga

Equipo de fútbol: Barcelona

Que coche ten? Hyundai i30

Unha afección: Lectura, pádel

Un lugar: Verdes

Que tarefas de fogar realiza? Todas, no piso de estudantes

Artes e letras

Escritor favorito: Ernesto Laclau

Último libro que liu: En torno a lo político.

Última película que viu: Capitana Marvel

Un artista: Joaquín Sabina

Un actor: Liam Neeson

Unha actriz: Emilia Clarke

Un cantante: Nega, de Los Chikos del Maíz

Tipo de música: De todo. Pop-rock

Deporte que practica: Pádel

Unha viaxe pendente: A Qatar

A lista de Marea de Coristanco

1. Carlos Abelenda

2. Cristian Moreira.

3. Rai Reborido.

4. Patricia Gómez.

5. María Teresa Rey.

6. Oliver Peláez.

7. Rocío Fariña.

8. María Álvarez.

9. Noelia Bello.

10. Luis Porteiro.

11. Francisco Moreira.

12. María Abelenda.

13. Socorro Fernández.