«Aló vamos coas noticias, cantando con alegría, eu xa vou ir empezando coas novas tecnoloxías»

A REGUEIFA DE LUPE BLANCO | A análise con máis retranca da actualidade municipal destes últimos días


 Aló vamos coas noticias,

cantando con alegría,

eu xa vou ir empezando

coas novas tecnoloxías.

A cousa non pinta ben,

témonos que acostumar,

polo menos para os que mercan

coche a electricidade.

É difícil que funcionen,

non hai enchufes na zona

pois para un que hai en Carballo

resulta que non funciona.

Andamos escasos diso,

se miras en calquera lado,

menos mal que en Coristanco

sómosche moi avanzados.

O que si que estou pensando,

é que vai ser unha ruína,

se a luz sobe seguido

é barata a gasolina.

Pois vamos falar de coches,

e non dos que hai que enchufalos,

que xa volve a estar de moda

o carallo de roubalos.

Diso si que non hai dúbida,

que che saben ben o modo,

aínda que sexa eléctrico

rouban enchufe e todo.

Pero os males son maiores,

sabe Deus onde cho deixan,

aínda hai que dar as grazas,

de saber se non cho queiman.

Vamos deixar ese tema,

e sen deixalo no olvido,

agora vou á Laracha

porque atoparon verquidos.

A pesar do punto limpo,

que é gratuíto o conto,

para ir tiralo ao monte

hai que ser porcos dabondo.

Xa o ían limpar,

porque o teñen que facer,

pero vendo estas cousas

queda moito por aprender.

Acabamos coa regueifa,

e sempre de moi bos modos,

grazas por eses debuxos

que me fai o Matalobos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Aló vamos coas noticias, cantando con alegría, eu xa vou ir empezando coas novas tecnoloxías»