Reencontro co profesor Manuel Mato Bello en Coristanco

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CORISTANCO

Algúns dos que tomaron parte na cita había uns 50 anos que non se vían

13 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A exposición que ata hai uns días acolleu o edificio de servizos múltiples de Coristanco deu moito de si. Eran traballos dos autodidactas Isabel Soutullo e Luis Lista. Este último tiña na lembranza ao mestre inicial, Manuel Mato Bello, veciño de Rececinde dende hai moitísimos anos, e compartiu a idea de organizar un reencontro de alumnos con el. Foi algo ben emotivo, e sorpresa, indica a edila de Cultura, Clarisa Couto, dando que algúns había máis de 50 anos que non se vían. Acordaron volver xuntarse xa en febreiro.