Branquiño e a árbore de Nadal

Quinto premio dos Contos de Nadal 2018 | Clea Martínez Rodríguez, do colexio Alcalde Xosé Pichel (Coristanco)


Había unha vez un pequeno boneco de neve que se chamaba Branquiño e sempre tiña os pés moi fríos. Vivía no monte Picudo no medio de pinos e toxos cos seus catro irmáns. Cenoura ten por paixón recoller pedras do frío río! A Olliños de Bontón gústalle saír de paseo tódalas mañás de neve e xeada para mirar as follas das árbores conxeladas e brancas. Redondo é o pequeno dos irmáns, e sempre anda a buscar obxectos perdidos dos humanos. Laranxa leva na gorxa unha bufanda desa mesma cor que lle regalou o seu irmán Redondo. Por suposto, unha bufanda que atopou no monte! O Nadal está preto e os irmáns andan a buscar unha árbore para celebrar o Nadal ao seu arredor. Buscan un piñeiro grande, onde vivisen algúns animais do monte. De súpeto, Olliños de Botón botou un berro: «Encontreino! Aquel, no fondo do prado. ¡Aquel de verde máis escuro! E mirade, está habitado por unha familia de esquíos e un bufo».

Laranxa correu polo prado abaixo ata chegar ao gordo tronco do Piñeiro e chamou á porta: «Bos días, veciños! Andamos na busca dun piñeiro e tamén de amigos para celebrar o Nadal. O voso é perfecto para unha festa tan importante. Seremos moitos amigos baixo o teito desta árbore, que nos abrigará coas súas pólas», dixo.

«Aquí non hai quen durma! Quen está aí abaixo molestando?», respondeu un membro da familia. «Son Laranxa, un boneco de neve, e estes son os meus irmáns. Estamos buscando amigos e un piñeiro para celebrar o Nadal. A vosa e este prado son perfectos». «Ola, eu son bebé esquío e apúntome a esa festa». «Ola, eu son mamá esquío e paréceme xenial esa celebración. Podo facer uns pasteis riquísimos de cenoura e noces». «Tamén temos que invitar a Raposo, que vive na cova, ao pé das raíces do piñeiro», dixo papá esquío.

Branquiño estaba moi contento. Na fraga, arredor dunha árbore maxestuosa, cos seus catro irmáns e uns novos amigos, celebrarían un festexo navideño moi especial. Todos se puxeron a traballar para preparar a festa, pois tan só faltaban dous días. Dos doces encargáronse mamá e papá esquío; e da decoración, Cenoura. Branquiño e Raposo barreron debaixo do piñeiro para poñer a mesa da cea. E por fin chegou o gran día. Todos estaban nerviosos e emocionados. Á noitiña sentáronse todos arredor da árbore. As pedras preciosas que Cenoura xuntara para a festa brillaban coa luz da lúa, e todos podían verse as caras de felicidade. Comezaron a cear e Raposo púxose a cantar, do alegre que estaba de ser convidado á festa. «Auuu, auuu, auuu», cantaba Raposo. «Cra, cra, cra», rompía as noces bebé esquío. «Bo Nadal! Bo Nadal!», cantaban os bonecos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Branquiño e a árbore de Nadal