A REGUEIFA DA SEMANA | Nova entrega do irónico resumo da actualidade dos últimos días, por Lupe Blanco
30 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Agora xa canto eu
que xa veño preparada
coas noticias destes días
a cousa venche cargada
Empecemos por Carballo
xa pasa o Día do Neno
como cousa parecida
o Concello fixo o pleno
Como cousa parecida
teñen ideas a mazo
pero non queren arreghlare
a carrretera de Razo
Iso vai ter que esperar
non vai ser estas semanas
para os que queiran ir á praia
imos facendo gincana
Para gincana en Coristanco
xa o aviso atalora
que teñen en abandono
dúas das depuradoras
Pero o conto aínda sigue
que estes danlle emoción
para contratar socorristas
perderon a subvención
E eu pensando na noticia
que era unha barbaridá
deberon mover os marcos
porque a praia está onde está
A praia vai para as aforas
que temos ríos e fontes
debe estar cara Silván
ó lado do río de Conles
O que si que vou dicir
que ten moita envergadura
vou patrocinar a festa
porque mo pediu o cura
O cura éche moi listo
que foi á universidade
disque fale do Corpiño
sen pagar publicidade
Son as festas do Corpiño
que en Oca hai calidade
xa lle aviso don Manuel
que isto heillo cobrare
Un saúdo para todos
eu dígoas anque non queiran
que este sábado en Oca
hei de cantar se me deixan