Estancia de catro anos en Teixeiro

Lupe Blanco

CORISTANCO

Basilio Bello

19 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Moi Bos días para todos.

Esta nena non o nega.

Vamos cantala regueifa,

que a todos nos alegra.

Esta é semana forte,

de escritores e poetas.

Támosche de parabéns

no día das nosas letras.

Este ano xa pasou,

que lle imos a facer,

o premio levouno ela.

Recaeu nunha muller.

E pa letras especiales,

xa volo digo cantando,

as que escribe o fiscal

pa Antonio de Coristanco.

Estivo o noso alcalde,

que non hai quen o colla,

defendendo ao do PP,

agora disque o apoia.

A ver en que acaba isto,

de culebrón así vamos,

que lle piden pa Teixeiro

estancia de catro anos.

E agora aproveito,

literatas e poetas,

se queredes boa festa

tédela no Festiletras.

Levan un lote de anos,

non é a primeira ves

porque o broche de ouro

o domingo pono Sés.

Támosche no mes de maio,

mes das flores e das rosas

co mercado medieval

que se fai na Milagrosa.

Ide todos en familia

e levade ós amigos.

Haiche que levar fame

que hai bos queixos e chourizos.

Poden tar de noraboa,

que o saiba o mundo enteiro,

hai boas pastelerías

para encherse os larpeiros.

Xa vos dou a despedida

que de cantar non tou farta.

Se queredes boa festa

pasade por Santa Marta.