«Está sendo unha boa temporada»

José Manuel Ferreiro Negreira
José M. Ferreiro CARBALLO / LA VOZ

CORISTANCO

Álvaro Ballesteros

Vén de gañar a quinta edición do circuíto CorreSan, na que venceu o sábado na Rutas dos Parques

19 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Cristian Muíño Varela (Coristanco, 1991), do Club Vagalume de O Pino, é o referente do atletismo na Costa da Morte. Foi o vencedor nas dúas primeiras edicións do circuíto Correndo pola Costa da Morte no 2014 e 2015, e este ano decidiu non participar e centrarse noutras probas. O pasado sábado gañou en Santiago A Ruta dos Parques e con ilo adxudicouse o circuíto de CorreSan. O atleta de Coristanco comezou a competir no 2013 nas probas de CorreSan e participou en tódalas súas edicións.

-¿Como valora a campaña que está a chegar ao seu fin?

-Está sendo unha boa temporada. Non me podo queixar. Non tiven lesións e baixei dos 33 minutos, mellorando miña marca nun minuto.

-O sábado gañou en Santiago a Ruta dos Parques.

-Encontreime moi ben e puiden gañar. Dese xeito fun o vencedor do circuíto, que se compuxo de catro probas, das que podía descartar unha.

-¿Como foi o circuíto?

-Á primeira, a de Angrois, non fun. Despois chegou a nocturna Cidade Vella de Santiago e quedei segundo detrás de Pedro Nimo. Na terceira fun primeiro no Monte Pedroso e a última, a das Rutas dos Parques, tamén gañei.

-¿Cal foi a proba que mellor recordo ten esta tempada?

-Sen dúbida no pasado mes de marzo en Laredo cando fixen os 10 quilómetros en 32 minutos e 54 segundos. É da que mellor recordo teño, posto que baixei dos 33 minutos. Quédanme dúas probas por disputar e nelas vou a intentar mellorar a marca.

-¿Cales son?

-A primeira será o vindeiro día 23 en Ames con motivo do campionato galego de 10K, e a finais de outubro, a Carreira Pedestre de Santiago. Despois descansarei ata ao próximo ano.

-¿Sente non estar en ningunha proba da Costa da Morte?

-Xa dixen ao remate do 2016 que non competiría. Pero é certo que quixen estar presente en varias, pero coincidíronme con outras que tiña previsto disputar.

-¿Foi dura a tempada?

-Foi moito menos ca os últimos anos. Competín en populares e tamén en triatlón. As probas da Costa da Morte son moitas e queiman máis.

-Moitas carreiras e tamén moitos éxitos no 2016.

-Non me podo queixar. Na Kronoescalada de Vimianzo fun primeiro en correr e segundo na combinada, no duatlón de Muros, noveno; no triatlón popular de Madrid; en Carballo, quinto; a do Apóstolo en Vilaño, primeiro; nocturna de Santiago, segundo, Pedroso, primeiro; duatlón de Santa Comba, segundo; triatlón Pontenalfonso, 17, e a última Ruta dos Parques, primeiro.

-¿Que lle faltou?

-Facer un cinco mil, xa que teño no galego desa distancia un tempo de 16-04. E sempre intentas mellorar as túas marcas.

-¿O peor da tempada?

-O triatlón de Cedeira. Pinchei unha roda na bici e non puiden rematar. Ese foi o peor, pero non ter lesión é unha alegría.

-¿Ten algún obxectivo para o vindeiro ano?

-Voume federar para competir no trialtón, xa que só competía así nas probas populares. Hai un ano que probei por primeira vez na da Ponte Nafonso e gustoume. Este ano adestrei un pouquiño máis a bici e a natación. E penso que mellorei bastante, sobre todo en bicicleta.

-¿Por que compite no Club Vagalume?

-Moi sinxelo, alí está o meu amigo Amador Pena e por iso fichei. Para a próxima tempada seguirei alí, porque van facer catro ou cinco fichaxes interesantes e penso que imos ter un bo equipo para poder competir a nivel autonómico e iso anima máis.