«A escritura é para min algo terapéutico»

José Antonio Andrade presentará esta tarde no Casino de Carballo a súa última novela, «Querida Paula»


carballo / la voz

O Casino de Carballo acollerá esta tarde (20.30 horas) a presentación de Querida Paula, a nova novela do avogado José Antonio Andrade Figueiras (Seavia, Coristanco, 1957), que vén de plasmar en forma de carta unha fermosa historia de amor. «Ou desamor», di Andrade, convencido de que «ambos son sentimentos dos que non debemos abdicar».

-¿Como é iso de que a un avogado lle dea pola literatura?

-Historicamente non é tan novidoso que un avogado se dedique tamén á literatura, pero no meu caso a escritura é unha forma de desconectar do traballo diario, algo que me permite equilibrarme, porque a literatura supón algo totalmente distinto ao que habitualmente me ocupa. A escritura é para min algo terapéutico, porque son unha persoa bastante introvertida e escribir é unha maneira de comunicarme coa xente, é como se falase con todos os meus lectores a un tempo.

-Unha forma de contar o propio sen dar a cara.

-Claro, escribir é moi cómodo, porque a través das personaxes podes ficcionar, pero tamén, ao mesmo tempo, podes trasladar algunha que outra teima ou vivencia persoal e todo queda envolto e cuberto.

-¿E que ten de autobiográfico «Querida Paula»?

-É unha novela epistolar, porque a historia está contada coma se fose unha carta. Aínda non estou seguro se é unha historia de amor ou de desamor, pero o que si teño claro é que non está baseada en feitos reais, aínda que se trata dunha historia que podería ser perfectamente real e haberá quen se sinta identificado con esta historia de amor adulto e mesmo amor adúltero.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«A escritura é para min algo terapéutico»