
O xoves lin o artigo Os gobernos locais son máis caros que os do pasado mandato e botei de menos unha análise máis profunda. A vida vai ensinando que ás veces as cousas e os asuntos hai que miralos con distintos prismas para tentar entresacar unha idea máis completa
Analicei os datos das remuneracións anuais dos políticos dos concellos próximos ao meu, o de Corcubión, e a sorpresa foi a esperada.
Estiven 12 anos na política municipal de Corcubión e entón entendín que o noso é un ente administrativo, do que sentirnos moi orgullosos, pero con poucos recursos, e os que ten hai que xestionalos o mellor posible para dotar de servizos e infraestruturas aos seus cidadáns, que á fin e ao cabo son os que cos seus impostos financian a parte máis importante dos gastos. Ás veces tes que facer malabarismos para que os números encaixen sen saírche das partidas (e non con auditorías con extravío de facturas).
Amosemos de forma gráfica o valor relativo das dedicacións e os seus orzamentos (datos da sede electrónica dos concellos e as publicacións en medios), unha lista que se pode ver na táboa adxunta.
Creo que as cifras mostran o desfasamento que existe entre o que se gastan nas dedicacións de Corcubión e a nosa capacidade de xerar recursos. A súa comparativa cos concellos próximos así o deixa de manifesto.
Isto debería facer pensar aos actuais mandatarios que veñen á esfera municipal con «unha nova forma de facer política». Estamos a superar en máis do dobre a media doutros concellos en comparación. O de Corcubión é o que máis gasta en relación co seu orzamento. É máis, creo que o lóxico é ser equilibrado, e se se dá o paso de incrementar o salario que cobraba no seu posto municipal e tamén o que tiña o anterior mandatario, o lóxico sería facer unha subida proporcional para o resto dos concelleiros pola súa asistencia a plenos e a órganos colexiados.
Tipos de partidas
Ademais a miña inquedanza como veciño é saber agora de que partidas detraen eses recursos que son necesarios para este incremento. Supoño que deixarán sen cubrir algunha praza vacante ou amortizada para equilibrar partidas e non de partidas destinadas a servizos ao pobo que logo non se van poder executar.
Así mesmo, boto de menos unha explicación no pleno do horario e compromisos directos da alcaldía cos cidadáns: horario, se hai ou non dispoñibilidade, horario de atención directa… que xustifique o salario de dedicación completa. Coido que na vida temos sempre que ser proporcionados e equilibrados entre o esforzo que facemos ou fixemos e os obxectivos pretendidos, e todo elo integralo no mundo no que vivimos ou nos tocou vivir, e sempre cos pés na terra.
Municipio - Dedicaciones - Porcentaje
Cee - 121.480 euros - 1,8 %
Dumbría - 71.200 - 1,4 %
Muxía - 42.420 - 1,04
Vimianzo - 77.000 - 1,3
Laxe - 48.000 - 1,7
Corcubión - 46.926 - 3,5
El porcentaje final de valor de la dedicación en relación al presupuesto se tiene en cuenta poniendo en relación el total de las dedicaciones aprobadas con los presupuestos locales. En los concellos señalados por Lema Fuentes (una parte de la comarca de Fisterra, uno de Soneira y otro de Bergantiños) en su escrito, Cee tiene 6.405.808 euros; Dumbría, 5.006.048; Muxía, 4.063.952; Vimianzo, 5.955.405; Laxe, 2.841.052 euros, y Corcubión, 1.354.023 euros.