José Domínguez Buiturón: «O máis importante de todo é que gañe o pobo»

f. rodíguez / s. g. rial CARBALLO / LA VOZ

CORCUBIÓN

Ana García

A CARREIRA ELECTORAL | O expatrón maior de Corcubión dá o salto á política municipal co PP. O seu principal proxecto é conseguir o porto mixto, e chegar sempre a acordos

23 abr 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

José Domínguez Buiturón (1959), expatrón maior de Corcubión, é o novo candidato do PP.

—Acaba de dar o paso á política municipal. Custou moito?

—Si e non. Hai cousas que son moi importantes para Corcubión e iso é o que me fai a min dar ese paso.

—Entra no sitio dunha histórica, Gema Freire.

—Unha persoa espectacular, moi traballadora e atenta.

—Son cinco partidos en liza. Como se ve a política local dende o PP?

—Dende o meu punto de vista podo falar máis de traballo que de política. Eu levo máis de trinta anos dentro dunha corporación de dereito público, e iso é o que me dá esta experiencia. O que máis importa é traballar. Ás veces déitaste derrotado e ao día seguinte érgueste para solucionar, mirar o que faga falta. Así se conseguen as cousas. A política debe de ir por aí. Espero que todos rememos na mesma dirección. Eu vou intentalo.

—A maioría absoluta parece complicada, e chegado o momento habería que pactar. Como o ve?

—Teriamos que analizar e consultar, pero a miña visión é, primeiro, agradecer a todas as persoas que se presentan á alcaldía esa vontade e querer o mellor para Corcubión. É así. Todos temos esa liña. Somos 1.670 veciños, e os políticos, aínda que nos custe, o máis importante de todo é que aínda que todos perdamos algo, pero que gane o pobo. Como nos 30 anos na confraría, nunca vai estar a gusto de todos, e se cadra perder algo ou chegar a acordos, pero hai que facer cousas. Xuntarme con todos e sentar as bases. Que gañe a xente. Non vou aí a buscar un soldo nin nada así. Facer cousas, como construír o porto deportivo, algo que quedou en nada outras veces. Hai un traballo grande xa feito. A min xa me encargaron que me ocupara deste tema no Náutico. Con esa dinámica eu identifícome, traballar e buscar o mellor.

A LISTA

1. José Domínguez Buiturón

2. José Luis Abelleira Ronquete

3. Fernando José Insua Domínguez

4. Mª del Pilar Domínguez Andrade

5. Juan Manuel Picallo Santos

6. Miguel Ángel Pet Canto

7. David Oca Vigo

8. Diego Lojo Fernández

9. Marcos Trillo Díaz

—O do porto deportivo é o máis destacado do programa?

—Para min, con todos os respectos, si. É un gran investimento, de máis de oito millóns de euros. E multiplicar os aparcamentos previstos. E poñer barandillas en todo o paseo marítimo (poucas familias pasean por alí cos nenos por medo a caer). Xuntar o paseo co de Cee. Moitas cousas. Pero, o principal, o porto mixto, vou por el.

—Teñen agora un concelleiro. Que obxectivo se marca?

—A maioría. Se non se pode, intentar loitar polo pobo. E facer o mellor posible para Corcubión. Gustaríanos que o 28M Corcubión pintase de azul, sería marabilloso. Vemos que coas esquerdas non imos moi lonxe. Hai que convencer aos veciños de que o noso proxecto é o mellor. Hai moito que facer. Cando entrei na confraría era moi pequena. E pouco a pouco medramos: somos a que máis polbo vende da provincia.

PREFERENCIAS

  • A qué hora se ergue?8.00, 8.30. Hora de xubilado
  • Que almorza?: Tosta de pan, aceite, allo e tomate
  • Un prato preferido: Polbo á galega, ou con cachelos
  • Que non comería?: Salmón
  • Bebida preferida: Auga
  • Equipo de fútbol: Antes, do Barça. Madrid, agora
  • Que coche ten?: Un Mercedes de segunda man
  • Unha afección: Correr. O deporte.
  • Un lugar: A Amarela (Redonda)
  • Redes sociais que utiliza: Non as uso

ARTES E LETRAS

  • Escritor o escritora favoritos: Leo cousas de mar ou historia
  • O último libro que leu: Temas de pesca ou navegar
  • Última película que viu: Non é o meu forte
  • Un artista: Almodóvar
  • Un actor: Ningún en concreto, moitos
  • Una actriz: Penélope Cruz
  • Un cantante ou grupo: Nos seus tempos, Miguel Ríos
  • Tipo de música: De todo
  • Deporte que practica: Correr
  • Unha viaxe pendente: A Canadá, de novo Grandes Lagos