Recorda o concelleiro que o autor, que finou o pasado 16 de novembro, foi traballador do Concello
17 may 2022 . Actualizado a las 18:49 h.
O concelleiro Alfredo González García, voceiro do grupo Sempre Corcubión, presentou onte unha moción para debater no próximo pleno ordinario para que o Concello nomee fillo adoptivo, a título póstumo, ao académico e escritor Darío Xohán Cabana Ianes. Precisamente elixiu a xornada de onte por ser véspera do Día das Letras Galegas. Recorda o concelleiro que o autor, que finou o pasado 16 de novembro, foi traballador do Concello de Corcubión, onde exerceu de policía local durante anos.
Ademais sinala que deixou unha obra literaria de enorme calidade. A súa relación coa Costa da Morte foi moi estreita, aínda que era de Cospeito. Colaborou intensamente coa Fundación Pondal, foi pregoeiro das Festas do Cristo de Fisterra e tamén da Feira do Libro de Carballo.