La Voz
A plataforma Queremos Galego elixiu Carballo para convidar a manifestarse o 17 de maio, en Compostela, á 12.00, «por un novo futuro para a lingua». O chamamento fíxose dende a biblioteca Rego da Balsa, da man do coordinador de Queremos Galego en Bergantiños, Xosé Cotelo. Lembrou que os pequenos avances logrados foron pola «perseveranza e polo esforzo do pobo».
Indicaron dende a plataforma, composta por máis de 500 entidades sociais e culturais, que un novo futuro para o galego será posible se todos, cidadanía, entidades sociais e gobernos «imos na mesma dirección», co galego como «elemento de cohesión, identidade e progreso».