Aquiles Garea: «En Corcubión chegou a haber ata nove representacións consulares»

Marta López CARBALLO / LA VOZ

CORCUBIÓN

Ana Garcia

GENTES DEL FINIS TERRAE | Recolle no seu primeiro libro, Carboneando en Corcubión, como esta vila surtiu carbón a buques de todo o mundo

04 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Mariñeiro e membro do equipo que impulsa o Mercado Medieval de Corcubión, Aquiles Garea Moledo (1969) vén de presentar o seu primeiro libro, Carboneando en Corcubión, no que repasa a tradición carboeira da súa vila natal a primeiros do século pasado. Centrado na figura de Plácido Castro, conta na obra, presentada en Corcubión a pasada semana, como tripulacións de todo o mundo recalaban na vila para repostar os seus barcos de vapor.

-Como foi esa presentación?

-Pois a verdade moi contento, porque ao ser organizada con tan pouquiño tempo non contaba con tanta asistencia. Ao final ata tivo que quedar xente fóra.

-Tiña que ser en Corcubión.

-E alí, no peirao, cerca de onde estiveron os depósitos no seu día. Un lugar con historia.