«Hai que loitar por un porto deportivo para Corcubión»

V. Couto / M. López CARBALLO / LA VOZ

CORCUBIÓN

ANA GARCIA

A CARREIRA ELECTORAL | O candidato de Pacor e edil, José Ramón Rojo, intentará por cuarta vez acadar a alcaldía de Corcubión. Apostará, sobre todo, pola hostalaría

04 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Á terceira foi a vencida para José Ramón Rojo (1968), pois conseguiu entrar como edil na corporación de Corcubión. Mais, non contento con iso, agora tentará por cuarta vez alcanzar a alcaldía.

Asegurou aos micrófonos de RadioVoz Bergantiños que a hostalaría será un dos sectores puntais do seu programa político, ofrecendo facilidades aos empresarios de cara a xerar emprego no pobo. Apostará, así mesmo, pola centralización de servizos no casco histórico e pola loita por un porto deportivo que, di, é tan necesario para a vila corcubionesa.

-Repite candidatura, non si?

-Si, repito, e será con esta a cuarta vez que me presento e levo xa catro anos como concelleiro.

-Como ve o escenario político en Corcubión na actualidade?

-Bastante ben. As cousas non están tan complicadas como se pensa, pero haberá que facer unhas cantas reformas para que o pobo poida estar mellor do que está.

-Que ofrece Pacor no seu programa electoral de cara aos comicios deste mes?

-Para o sector hosteleiro ofrecemos terrazas gratuítas a cambio de que ofrezan postos de traballo á xente de Corcubión. Queremos, así mesmo, impulsar unha escola de hostalaría mancomunada co resto de concellos, posto que cremos que fai moita falla formación neste aspecto.

Tamén pretendemos facer un albergue no casco histórico para que os peregrinos poidan quedar a durmir no centro do pobo; así como abrir o centro do día e que sexa o Concello o que o rexente.

Gustaríanos, así mesmo, pasar as oficinas da Garda Civil para As Viñas, e así quedarían no casco histórico de Corcubión. Queremos que Correos sexa unha entidade destacada a nivel comarcal e que se volva abrir o Museo Seno.

Outra das medidas que nos gustaría impulsar é a construción dunha zona de aparcamentos subterráneos diante do Concello.

Penso que con estes puntos, que requirirían presupostos moi baixos, se podería reactivar a economía do pobo.

Máis alá diso, habería tamén que seguir loitando polo porto deportivo, pois é un elemento que debería estar xa feito. Creo que a Xunta de Galicia debería implicarse algo máis con Corcubión, pois somos unha importante vila histórica que precisa máis atención. Estanos deixando de lado, pero creo que se chego a gobernar o conseguirei.

A favor / en contra

  • Cadea perpetua revisable: A favor
  • Aborto: A favor
  • Investigados nas listas: Dependería da situación
  • Traslado de restos de Franco: Hai cousas máis importantes
  • Referendo Cataluña: En contra
  • Acollida de refuxiados: A favor
  • Eutanasia: A favor
  • Cambio lei violencia xénero: Sempre que sexan a mellor
  • Prohibición fumar praias e piscinas: Piscinas prohibido, praias non
  • Casco urbano a 30 km/h: A favor

Preferencias

  • A que hora se ergue? 7.00
  • Que almorza? Café
  • Prato preferido: O peixe
  • Que non comería? Caracois
  • Bebida preferida: Cervexa
  • Equipo de fútbol: O Corcubión
  • Que coche ten? Un C2
  • Unha afección: Camiñar
  • Un lugar: O paseo da Redonda
  • Que tarefas de fogar realiza? Cociño, gústame moito

Artes e letras

  • Escritor favorito: Rafael Lema
  • Último libro que leu: A Costa da Morte
  • Última película que viu: Lo dejo cuando quiera
  • Un artista: Calatrava
  • Un actor: Touriñán
  • Unha actriz: María Castro
  • Un cantante: Luz Casal gústame moito
  • Tipo de música: Toda
  • Deporte que practica: Camiño
  • Unha viaxe pendente: Visitar Galicia, sobre todo Rías Baixas

A lista

1. José Ramón Rojo Rodríguez

2. José Roberto González Rigaut

3. Arancha Trillo Agulleiro

4. Leonor Rocío Meijide Mouzo

5. José Santamaría Oca

6. Manuel Rojo Lema

7. Ángela Rojo Lema

8. Magdalena Claudia Trillo Traba

9. Daniel Barral Iglesias

Suplentes:

1. María Carmen Rojo Rodríguez