«Dá dor de cabeza ver 'Mugía', 'Lage' e 'Arteijo'»


CARBALLO / LA VOZ

Moi bos días para todos

chega a de Coristanco

vamos a dar as noticias

hai que estar sempre ao tanto.

A cousa venche cargada

que xa o notei ao vuelo

xa está quentando motores

o Asalto ao Castelo.

Hai que ir por Vimianzo

esa é a única norma

ao que acaben coa festa

disque empezan coas remorfas.

Van investir moito carto

falo da Deputación

o que precisa o Castelo

é boa calefacción.

Que lle metan un tellado

pintado de adiante a atrás

e despois de arranxalo

que saia no Google Maps.

Que apareza aí no Google

non vaian ao baratillo

tamén que poñan Castelo

en vez de poñer Castillo.

Porque estes americanos

sempre queren ser noticia

andan algo revirados

co tema da toponimia.

A ver se o van cambiando

se o corrixen non me queixo

porque dá dor de cabeza

ver Mugía e Arteijo.

Buscas e aparece Lage

fóiselles un pouco a luz

hanme cambiar Montecelo

para avenida Carrefour.

E vamos falar de luces

que en Carballo hai ilusión

van poñer tiras de leds

polos pasos de peóns.

Van iluminar o sitio

para evitar tanta avaría

aínda vamos confundilos

co control da policía.

Agora que me dou conta

que igual entendín mal

tamén poden ser adornos

para a festa do San Xoán

Eu vou dar a despedida

que isto é o que che ten

de parte da regueifeira

ata a semana que vén.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

«Dá dor de cabeza ver 'Mugía', 'Lage' e 'Arteijo'»