Sería retroceder varios decenios

Xosé M. Barros EN CONTRA

CORCUBIÓN

09 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Pero que é o que pretenden, ¿levar unha industria en extremo sucia e perigosa ao fondo da ría de Cee e Corcubión? ¿É acaso compatible coa conservación do medio ambiente unha actividade destas características, a ceo aberto co po e o cheiro do fuel contaminando a atmosfera? ¿É que temos xa esquecido a malfadada celulosa de Pontevedra que envelenou durante décadas o aire que respirábamos naquela fermosa ría?.

E que dicir de materiais coma asbestos e chumbo que entran na construción dos buques. E os potenciais vertidos de tóxicos á ría.

Ao ler esta noticia visualizamos o despece de buques en países como na India ou Bangladesh, onde milleiros de homes, coma formigas e en condicións de salubridade ínfimas, cortan xigantes de aceiro de millóns de toneladas para o enriquecemento dun feixe de privilexiados explotadores. Non hai dúbida de que, de ir adiante este proxecto, as nosas autoridades non permitirían unhas condicións tan terceiromundistas, pero o que deben de facer é precisamente non permitir unha instalación desas características, absolutamente incompatible coa posta en valor dos nosos recursos naturais e da riqueza ambiental e paisaxística da nosa costa.