«Hoxe en día a cociña está en todas partes»

Corcubión, Baio, Zas e Mazaricos son os novos destinos das clases que imparte o chef fisterrán


O interese pola gastronomía sigue a crecer na Costa da Morte e cada vez son máis as persoas que queren recibir unha formación básica para manexarse entre fogóns. O cociñeiro Raúl Góñez contribúe a dar resposta a esa demanda impartindo cursos en diversos municipios da comarca.

-¿Onde se celebran os cursos?

-Estivemos dando cursos en decembro en Fisterra; estamos agora en Corcubión, Baio e Zas, e o día 20 empezaremos tamén en Mazaricos. Impartímolos a través da academia Acerta Formación de Cee e aínda non fomos falar co resto dos concellos porque non tivemos tempo.

-¿Como nace esta iniciativa formativa?

-Eu levo desde os 16 anos currando en hostalería e empezou un pouco de broma con Dani, de Acerta Formación, e agora vemos que xa non temos días para facer máis. A cociña está en todos partes hoxe en día, á xente gústalle aprender e non fixemos un curso no que non fora o típico de ver a unha persoa explicando, senón que organizamos grupos de 3 persoas e cada un ten que preparar unha receita. É un curso básico de 10 sesións nas que comezamos desde como conservar os alimentos, masas, pasta fresca, arroz, peixe, carne... Cada día unha cousa cun pouquiño tamén de teoría. Ofrecemos receitas un pouco máis complicadas, pero tamén hai outras para quen non colleu unha tixola na vida e temos desde rapaces de 18 anos ata señoras de sesenta e pico.

-¿É posible anotarse aínda para participar?

-Normalmente hai 15 prazas porque facemos cinco grupos de tres, pero o tema lévano desde os concellos. No caso dos que xa están comezados creo que xa non hai posibilidade, pero dentro de nada empezan os de Zas e Fornelos, e o día 20 en Mazaricos, así que poden preguntar nos concellos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Hoxe en día a cociña está en todas partes»