«Queremos dar un impulso máis ao barrio e á asociación»

A Feira Medieval encherá de alegría, espectáculos e animación o barrio carballés desde o venres ao domingo


Carballo / La Voz

Por terceiro ano consecutivo, o barrio carballés da Milagrosa retrocederá no tempo para celebrar a súa Feira Medieval. A organización corre por conta da asociación que agrupa aos comerciantes, hostaleiros e profesionais da zona, cuxa presidenta, María Isabel Vázquez Cousillas, explicou onte en Radio Voz Bergantiños os detalles do programa que se desenvolverá entre el venres e o domingo.

-¿Haberá algunha novidade con respecto ás dúas primeiras edicións?

-Si, algunha cousiña nova haberá porque é algo que procuramos facer todos os anos. Será unha feira medieval con artesanía, alfarería e todo o que antigamente se facía manualmente. Tamén haberá bolos preñados e un posto de porco ao espeto, que é unha das novidades deste ano xunto coa cea medieval e unha ruta cabalar. Tampouco faltará a cetrería como o ano pasado.

-¿Como se animaron este ano co tema da doma cabalar?

-Eu son moito de mercados medievais e gústame moito cando fan a exhibición cabalar en Corcubión. Como coñezo a un par de mozos que as fan, comenteillo e dixéronme que viñan sen problema, e ademais vestidos do medievo, e cos cabalos engalados tamén.

-¿Participa todo o barrio nesta feria?

-Si, participan todos os socios e algún veciño máis. En total serán 52 negocios os que estarán presentes.

-¿Como será o programa deste ano?

-Empezamos o venres ás 17.00 coa inauguración e xa haberá cetrería; ese día pecharemos sobre ás 21 ou as 22. O sábado haberá cetrería pola maña e pola tarde, porco ao espeto a asociación montará un furancho. Haberá festa rachada. E pola noite teremos a cea do medievo, que consistirá en chourizos ao viño, empanada, xamón asado e costela asada con patacas e guarnición, todo elaborado no barrio coa colaboración dos hostaleiros e outros establecementos, e de postre queixo, pan de ovo e marmelo. Custará 20 euros para os adultos e 10 para os nenos e estará amenizada polo mago Álex e con música. O domingo remataremos con exhibición cabalar, cetrería e o mago Álex percorrendo os bares.

-¿Cal é o obxectivo desta celebración?

-Querémoslle dar un impulso máis á zona e á asociación, que se vexa que se fan cousas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Queremos dar un impulso máis ao barrio e á asociación»