Encontro de DJ's no Cerceda Sound Fest

M. R. CARBALLO / LA VOZ

CERCEDA

Rey y Rodríguez, en la presentación del festival
Rey y Rodríguez, en la presentación del festival .

O dúo Twins, dende Oviedo, e Nyan Boe, Cotelo, Male e Rafa Astray, da provincia, farán bailar hoxe aos asistentes 

07 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • A música electrónica será este venres á noite a protagonista do Cerceda Sound Fest no Xardín Botánico do Aquapark. A partir das 23.00 horas dará comezo un evento no que a entrada será gratuíta. Os DJ Twins serán o principal reclamo. Trátase dun dúo procedente de Oviedo, moi coñecido na plataforma de TikTok. Acompañaranos Nyan Boe, Cotelo, Male e Rafa Astray, «algúns dos nomes máis destacados da escena DJ da provincia», destacan dende a organización.

Jonatan Rey está á fronte dos preparativos. É un festival no que colabora o Concello, poñendo a disposición medios como valados ou baños públicos. Haberá foodtrucks e servizo de cantina, avanzan.

Tanto Rey como o propio alcalde, Juan Manuel Rodríguez, fan un chamamento á xuventude para que se sume á festa nun espazo singular. O organizador agradeceu as facilidades dadas, mentres que o rexedor recoñeceu o traballo dos impulsores desta iniciativa.