A Silva, en Cerceda, cítase coa tradición nunha nova Feira das Nenas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CERCEDA

A talla de madera con motoserra volverá estar na Feira das Nenas da Silva
A talla de madera con motoserra volverá estar na Feira das Nenas da Silva BASILIO BELLO

Hoxe e mañá son días de festa na localidade. A inauguración está prevista para as 13.00 horas deste sábado 18 de abril

18 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe e mañá • Fin de semana intenso para Cerceda e, máis concretamente, para A Silva, onde hoxe e mañá festexarán unha nova edición da tradicional Feira das Nenas. O Concello de Cerceda, coa colaboración da comisión de festas Espírito Santo e o apoio da Deputación, promove este encontro que, hoxe, xa botará a andar ás 10.00 horas coa apertura da feira e os pasarrúas da charanga Os Celtas. Dende as 11.00 poderanse degustar freixós elaborados na propia Praza do Campo e xa para as 13.00 horas está prevista a inauguración oficial, a cargo do alcalde e outras autoridades. Sesión vermú e paseos en carruaxe e poni seguirán facendo andar a xornada, e tamén obradoiros de pintacaras e globoflexia para nenos, entre as 16.30 e as 19.30.

A Feira das Nenas proponse interxeracional, e terá ademais este sábado exhibibición de enduro —de 16.00 a 20.00—, xadrez (16.00) ou actuación da coral Voces Veteranas de Culleredo (17.00). Máis exhibicións: a de ximnasia rítmica do colexio Celso Emilio Ferreiro, dende as 18.00. Orquesta Panorama, Impacto e DJ Bermúdez ocuparanse da verbena e, en paralelo a todo isto, haberá tamén carpa de exposicións multisectoriais, polbeira e creación de esculturas de madeira en directo a base de motoserra, con Eugenio Linares.