Rafa, no noso corazón

Claustro do CEIP Celso Emilio CARBALLO / LA VOZ

CERCEDA

PACO RODRÍGUEZ

In memoriam: Rafael Rodríguez, director durante más de veinte años del colegio de A Silva

31 may 2023 . Actualizado a las 21:30 h.

Cando se puxeron de moda os grupos de WhatsApp, cada mañá ao longo dos 365 días do ano, chegaba ao grupo do noso cole unha mensaxe de bos días. Ao principio respondiamos a mensaxe a maioría dos integrantes. Pero co paso do tempo deixamos de facelo e ata chegamos a insinuar para que os mandaría se ninguén os respondía ou a quen lle importaban xa.

O martes 23 de maio a mensaxe de bos días non chegou. E nos días seguintes, tampouco. Decatámosnos de que algo non ía ben. Co remate da fin de semana, chegou a mensaxe. Non era a que esperabamos. Era o anuncio de que Rafa decidira marchar rodeado de todo o amor do mundo. No cole da Silva decidimos que Rafa non marchara nin marcharía nunca. Persoal do comedor, persoal de limpeza, persoal do transporte escolar, conserxe, coidador, familias, alumnado, claustro de mestres… decidimos que quedará sempre con nós, no noso corazón, nos nosos pensamentos, en todas e cada unha das tarefas que emprenderamos, cando dixeramos «gustaríalle a Rafa» ou «Rafa faríao así». No seu funeral escoitamos verbas fermosas e agarimosas que definían o carácter de Rafa. As do noso cole non se escoitaron. Non foi porque non as quixeramos dicir, foi porque estabamos tan impactados que non podiamos pronuncialas.

Hoxe queremos manifestalas. O seu talante conciliador, o seu traballo incansable, constante e comprometido, o seu xeito entusiasta, alegre e ata divertido, a súa bondade e xenerosidade fixeron que os dous decenios que compartimos con Rafa foran moi, moi rendibles e converteran a comunidade educativa do Celso Emilio nunha gran familia. Graciñas Rafa! Ata sempre! Claustro do CEIP Celso Emilio