«Relato para un incendio», de aAntena, en Santiago de Compostela

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CERCEDA

Teatro documental, é un texto de Ernesto Is e parte de dous sucesos na comarca de Ordes, un deles en Cerceda

11 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

13 e 14 de xaneiro • Santiago • A compañía aAntena levará ao Salón Teatro de Compostela, os días 13 e 14 de xaneiro (este venres e sábado), o seu espectáculo «Relato para un incendio», de Ernesto Is. As funcións serán ás 20.00 horas. Trátase dunha coprodución co Centro Dramático Galego, logo de a agrupación gañase a segunda fase da bolsa de Dramaturxia e Creación impulsada pola Xunta. «Que leva a un danés a preservar a identidade de Galicia? Que fai que unha falega queira reducila a cinsas?»: Relato para un incendio parte de dous sucesos verídicos da comarca de Ordes, a procura de Gustav Henningsen dos últimos vestixios da bruxería en Galicia, e os lumes provocados por unha veciña de Cerceda no 2016, todo umbricado co cinema de C. T. Dreyer. Teatro documento, cun elenco actoral composto por Isabel Risco, Manu Fernández e Victoria Pérez, baixo a dirección de Xosé Leis. Expón con toques de humor unha revisión da figura feminina na historia recente e na memoria colectiva.