
A banda decana do rock en galego presentará mañá nas suás redes este traballo
09 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.Aínda en tempo de pandemia, non cesa a creatividade de Zënzar, a formación máis veterana do rock galego, con base en Cerceda. Mañana, mércores, ás 12.00, presentará o seu novo vídeoclip, Standing Rock, pertencente ao novidoso disco Benvidas ao futuro, que viu a luz o pasado mes de marzo. Con letra de Ramiro Vidal, esta nova peza é unha homenaxe a todas as labregas e labregos que nos anos setenta loitaron para protexer As Encrobas.