«O máis importante neste intre é dar tranquilidade ó equipo e ó técnico»

O conxunto leva un punto dos últimos quince disputados nas últimas xornadas da Terceira División


O presidente do CCD Cerceda, Ramón Devesa Morandeira (Friol-Lugo, 1970), está preocupado, ao igual que toda a xunta directiva, pola marcha do equipo. Pero nestes delicados momentos da temporada coa marcha do equipo na Terceira División pretende dar tranquilidade ó equipo e ó adestrador. O mandatario sabe que o fútbol é unha situación de xeiras e, nestes intres, o grupo está pasando por un mal momento de resultados. De tal xeito que o Cerceda sumou un dos 16 puntos disputados nos últimos encontros na categoría e tamén nesa fase quedou eliminado da Copa Federación no seu propio campo diante do Arousa.

-¿Ten a directiva algunha medida para atallar a xeira negativa?

-O máis importante neste intre é dar tranquilidade ó equipo e ó técnico. Creo que esa é a misión da xunta directiva para que o grupo siga loitando e cambie os resultados. Temos que ter paciencia e apoiar ao equipo sen máis.

-¿Pensaron en destitucións?

-O que pretendemos é que os xogadores teñan confianza neles mesmos. O ano pasado, co mesmo equipo, estabamos líderes do campionato con 17 puntos. Agora temos once e estamos no posto décimo terceiro. Como se entende isto. É difícil de saber e menos explicar.

-O luns falou con Ángel Cuéllar.

-É certo. O que pretendín foi darlle tranquilidade e tamén escoitalo. Sobre todo que estean tranquilos, posto que o noso apoio va ser total, por descontado.

-Pero na entidade estarán preocupados

-Loxicamente. A marcha non é boa, nin a esperada. É algo inexplicable. Se o ano pasado estabamos onde estabamos e nesta tempada estamos así, non ten moita explicación, polo menos nós non entendemos esta situación nova.

-¿O vindeiro domingo o Deportivo B vén ó Roxo?

-Toca gañar si ou si. Nada mellor para romper as xeiras negativas ca unha vitoria. Sei que os xogadores vano dar todo, como están a facelo hasta este momento. Pero está claro que toca gañar ante un bo rival. Son tres puntos que de conseguilos darán moita moral ao equipo e confianza para seguir traballando no que falta de tempada.

-¿E que din os demais membros da xunta directiva sobre a situación?

-Todos estamos moi unidos neste momento e ao cen por cen entregados co equipo. Desde o vicepresidente, Jesús Sanjurgo, hasta o último vogal, José López, pasando pola secretaria Maite Loureiro, tesoureiro Francisco Javier Pena e os demais vogais Luís Cotelo e Francisco Castiñeiras formamos un grupo unido e esa unión fainos más fortes para afrontar este momento tan delicado.

-¿Pero o club no só é o primeiro equipo?

-Está claro, e do cal tamén estamos moi orgullosos. Temos nove equipos de base: xuvenís, dous; cadete e infantil, outros dous; alevíns, benxamíns, prebenxamíns e biberóns. É algo que non queremos descoidar o máis mínimo e por esa razón ten unha importancia capital para nós. Pero non podemos esquecer que o primeiro equipo é a punta da lanza do club e o que indica o rumbo.

-¿Está moi convencido de que a situación se vai reverter?

-Confianza total neles e, volvo a repetir, desde a xunta directiva queremos dar tranquilidade. Unha serie de circunstancias puntuais fan que os partidos que o ano pasada se gañaban agora non ocorre o mesmo.

-¿Que espera no vindeiro domingo diante o Deportivo B?

-Que a afección estea co equipo desde o primeiro momento e entre todos poidamos saír adiante. Temos equipos e os xogadores e o adestrador demóstranme que van facer todo o posible para saír desta delicada situación. Temos que estar unidos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

«O máis importante neste intre é dar tranquilidade ó equipo e ó técnico»