Nova xornada de homenaxe ás Letras na Costa da Morte

La Voz

CERCEDA

Fotocol con versos de Manuel María en Carballo
Fotocol con versos de Manuel María en Carballo . j. m. CASAL

Os actos proseguirán hoxe en Carballo, Cerceda, Ponteceso, A Pereiriña, Zas, Baio e Coristanco

12 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Os actos previos ao día grande das Letras Galegas proseguen na Costa da Morte. Onte foi xornada de música e fotocol no Pazo da Cultura de Carballo, onde hoxe serán os máis cativos os destinatarios dunha dobre sesión (17.30 e 19 horas) do espectáculo sensorial para bebés de Babaluva A alfombra máxica.

En Cerceda, os escolares de terceiro a sexto de Primaria poderán coñecer á escritora Ledicia Costas (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015), que participará nun encontro con eles no auditorio do centro cívico (12 horas) e en Ponteceso, os alumnos do colexio Eduardo Pondal asistirán a unha sesión de contacontos na biblioteca con Fátima Fernández (10 horas). Tamén haberá contos na escola ceense de A Pereiriña (10.30) con Mercedes Rodríguez Fraga.

A cita da xornada nos colexios de Zas (10) e Baio (13) será con Paco Nogueiras e o seu espectáculo musical Brinca vai, de aquí a acolá. E no colexio Xosè Pichel de Coristanco o mes das letras ofrece dúas charlas sobre novas tecnoloxías (14.30) e redes sociais (16).