«O novo disco é unha desculpa para dar máis concertos»

O grupo cercedense segue ao pé do canón con «Camiñando entre serpes»


Camiño xa dos 30 anos de vida, o grupo cercedense de rock Zënzar segue dándolle duro á música. Xosé Bocixa, o seu vocalista, fai balance dunha traxectoria que sumou hai poucos meses un novo disco Camiñando entre serpes.

-¿Como está sendo a acollida do disco?

-Zënzar é un grupo que, pese a que non vivimos da música, sempre somos moi ben acollidos. Facemos uns cantos bolos en festivais e salas e con iso temos máis que suficiente; o disco non é máis que unha desculpa para facer novas cancións e dar novos concertos; desde ese punto de vista estamos contentos.

-¿Que os mantén ao pé do canón despois case 30 anos?

-Que estamos enganchados á música, ao rock, e que somos un grupo de amigos que nos dicimos o que temos que dicirnos e no que se respecta á minoría.

-¿Onde buscan a inspiración?

-Nos primeiros anos eramos moi protestóns e inspirabámonos no noso entorno e nas cousas que pasaban, como os sucesos de As Encrobas ou a toma do Concello por Fenosa con Sogama e demais; a día de hoxe xa nos fixamos en cousas máis globais, aínda que o local tampouco deixa de ser global.

-¿Que supón para Zënzar que músicos e grupos máis novos o sitúen como fonte de inspiración?

-O noso mérito non é máis que o de aguantar, pero sorprenderónnos hai un par de anos cun disco no que 20 grupos facían versións nosas. Foi unha alegría e tamén un motivo de orgullo, pero non deixa de ser unha anécdota. Nós somos traballadores da música e de outras cousas porque non vivimos disto. No fondo, o que importa é ser persoa, coñecer xente, crear vínculos e respectarnos.

-¿Botan algunha vez a vista atrás en pensan en camiños que puideron ter collido?

-Non, nonos arrepentimos de nada. De feito os nosos planteamentos nos primeiros anos eran menos musicais que sociais, porque o que nos importaba era dicir e falar. Tivemos ofertas de grandes bandas como Extremoduro ou Platero y tú para ir tocar en grandes escenarios como As Ventas pero nunca quixemos facelo porque no fondo cada un de nós temos a nosa vida e nós queremos desfrutar a música.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Tags

«O novo disco é unha desculpa para dar máis concertos»