Mó-ve-te con nós, ocio para un verán en Lugo

La Voz

CERCEDA

CARLOS CASTRO

 Inchables, karts, pistolas de auga, xogos tradicionais, unha viaxe ao parque acuático de Cerceda, capoeira, danza na rúa, parkour, slackline, paintball, escalada, festa da escuma, rafting e cine son algunhas das actividades deste programa.

06 ago 2015 . Actualizado a las 20:42 h.

A concelleira de Cultura, Carmen Basadre, presentou este xoves na Praza do Castiñeiro o programa Mó-ve-te con nós, que inclúe alternativas de lecer e cultura na rúa dirixida aos máis novos, «que a delegación organizou en resposta ás peticións veciñais nos Orzamentos Participativos». As actividades, todas gratuítas, desenvolveranse dende esta mesma tarde e ata o 19 de setembro.

Ao longo de dous meses, Mó-ve-te con ofrecerá diversas propostas para a mocidade lucense. Inchables, karts, pistolas de auga, xogos tradicionais, unha viaxe ao parque acuático de Cerceda, capoeira, danza na rúa, parkour, slackline, paintball, escalada, festa da escuma, rafting e cine son algunhas das actividades deste novo programa.

Actividades ao aire libre

Os nenos  de 3 a 12 anos puideron gozar de inchables, karts, pistolas de auga e xogos tradicionais esta mesma tarde na Praza de Augas Férreas, dende as 17.00 ás 19.30 horas. Estas actividades tamén terán lugar o sábado, 8 de agosto, na Milagrosa; o xoves 13, no Parque de Rosalía; o xoves 20, na Fontes dos Ranchos; o sábado 22, na Praza do Castiñeiro; o 27 de agosto en Campo Castelo; e o 29, no Paseo do Miño. En setembro, as actividades desenvolveranse o xoves, día 3, no barrio do Sagrado Corazón; o 5, no Castiñeiro; o 12 na Piringalla; e o 19 en Montirón. A programación desenvolverase sempre no mesmo horario, de 17.00 a 19.30 horas. Non é preciso inscrición previa.

Saída ao parque acuático de Cerceda

O sábado 5 de setembro, o Concello organiza unha viaxe ao parque acuático de Cerceda, para os mozos e mozas de 16 a 30 anos. As prazas son limitadas, polo que é preciso inscibirse na Oficina de Xuventude antes das 20.00 horas do xoves, 3 de setembro. Os participantes sairán ás 10.00 horas dende a Casa da Xuventude e regresarán a Lugo sobre as 21.00 horas.

Deportes na rúa

- Luns de capoeira: todos os luns do mes de agosto, na praza Horta do Seminario, dende as 17.00 ás 19.30 horas.

- Martes de parkour: os días 11, 18 e 25 de agosto, e o 1 de setembro; na Praza de Augas Férreas, a partires das 17.00 horas.

- Mércores de slackline: os días 12, 19, 26 de agosto e 2 de setembro; no parque de Rosalía de Castro, de 17.00 a 19.00 horas.

- Xoves de danza na rúa: os días 13, 20 e 27 de agosto e o 3 de setembro; na Praza Maior, de 17.00 a 17.30 horas.

- Venres de skate: os días 21 e 28 de agosto e o 4 e 11 de setembro, en Frigsa, dende as 17.00 ás 19.30 horas.

Festa da espuma, rocódromo e paintball

O Paseo do Miño acollerá o 12 de setembro, dende as 17.00 ás 19.00, unha festa da espuma, para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Neste mesmo horario e nestas inmediacións poderase practicar a escalada nun rocódromo. O mesmo día, de 12.00 a 18.00 horas, os rapaces a partir de 16 anos participarán nunha xornada de paintball.

Rafting

Para o sábado, 19 de setembro, a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, preparou unha sesión de rafting en Arbo dirixida aos maiores de 18 anos. As prazas son limitadas polo que é preciso inscibirse na Oficina da Xuventude. O prazo estará aberto ata o día 17, ás 20.00 horas.

Cine

Os barrios do Castiñeiro e Fontiñas acollerán o 13 e o 28 de agosto, respectivamente, unha sesión de cine ao aire libre, na que se proxectará a película El Hobbit e Al otro lado de la cama. As proxeccións, abertas ao público, serán a partires das 22.00 horas.

Curso horto urbano

Do 19 de agosto ao 8 de setembro, na Casa da Xuventude terá lugar un curso teórico-práctico sobre o horto urbano. Os participantes, que se poden inscribir ata o día 17 de agosto nesas mesmas instalacións, aprenderán a preparar a terra para plantar, dende as 10.00 ás 14.00 horas.

Resposta aos veciños

Con esta iniciativa cultural e de lecer arranca a execución dos Orzamentos Participativos. O Concello sacará adiante 59 proxectos demandados polos veciños e veciñas do municipio, que contan unha dotación económica de 500.000 euros.