Touriñán abriu en Cee a ateigada xira de «Moi animal»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

Touriñán, nunha das súas intervencións este venres en Cee
Touriñán, nunha das súas intervencións este venres en Cee ANA GARCÍA

Logo da residencia artística na vila, xa está en Pontevedra e axiña chegará a Vilalba, Ourense, O Grove...

18 oct 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

[Os humanos] somos animais, aínda que ás veces nos empeñemos en disimulalo. Esa é a idea da que tira Xosé Antonio Touriñán no seu novo espectáculo, de título Moi animal, e que vén de estrear este venres en Cee cun dobre pase e entradas esgotadas. A vila da Xunqueira apunta a ser talismán para este contador nato con máis de vinte anos de traxectoria e un xeito de entender o teatro moi propio, man a man co público.

Así o puideron ver xa onte os pontevedreses, e así o poderán ver hoxe tamén. Nesta cidade ían ser catro as funcións e por diante veñen Vilalba (23 de outubro), Ourense (30), O Grove, Vigo, Lugo, Burela, Santiago, Vilagarcía de Arousa... Entradas e información actualizada poden consultarse en moianimal.gal.

En Cee deulle o artista os últimos retoques a este texto escrito e pensado xunto a José L. Prieto e JJ Vaquero: hai humor (como non!), hai observación do cotiá e exploración da relación co resto das especies. A nosa, disque a máis intelixente, está chea de costumes e de contradicións.